VIII Chanfaina lab

0

Sin título-2_Original ratio_1920x1080_H_90

A primeiros de setembro volve o Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva na que o protagonismo é de San Sadurniño, da súa xente e da súa paisaxe. O proxecto está aberto a todas as persoas que queiran participar gravando unha peza ou axudándolle de distintas maneiras á xente que vén de fóra: colaborando con ela na localización de escenarios, botándolle un cabo na produción e gravación ou incluso poñéndose diante da cámara como protagonistas das súas historias.

Para esta oitava edición xa hai máis de medio cento de participantes confirmados de dentro e fóra de San Sadurniño e un programa de proxeccións e actividades paralelas entre os que destaca o espectáculo infantil Cinema de historias da man de Alice Guy ou a homenaxe ao pioneiro do cine galego José Gil.

Como cineastas do VIII Chanfaina lab temos a…Ángela Arnosa, Bieito Beceiro, Fran Bermúdez, Félix Brisel, Aroa Calvo, Francisco J. Cela, Candela Conde, Nela Fraga, Juan Galiñanes, Manolo Gómez, Diana Gonçalves, Kevin Lorenzo, Iago Lourido, Pablo Martínez, Tono Mejuto, Mirian Opazo, Adriana Páramo, Xosé Manuel Rabón e Víctor Rico, Catalina Rodríguez, Xoán R. Caridad, Miguel A. Romero, Cristina Souto, Abel Vega, Ignacio Vilar, Soraya Yáñez, e os colectivos Memoria e cinema, Meu, NaraíoMedia, Sansadurnenas, The Sungirls, SueÑa e Teño unha horta.

VENRES 1 SETEMBRO
11:00h. a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS na Casa da Cultura.
12:30h. ACTO OFICIAL DE BENVIDA na Casa do Concello.
13:00h. AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA VIII CHANFAINA LAB. Finca A
Cortiña.
16:00h. XEORUTA E FOTO OFICIAL. Visita guiada por Fran Canosa á Serra do Forgoselo. (só para participantes)
20:00h. PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”. Selección de filmes presentados por cineastas participantes. Casa da Cultura. (Entrada libre): Porte exprés de Ángela Arnosa, As vacas desaparecidas de Bieito Beceiro, Trae! de Fran Bermúdez, Maipy Kanki de Félix Brisel, Breogán pimentel, artista multinivel de Francisco Javier Cela,  Na pel da memoria de Memoria e Cinema, Susurros do enxebre de Candela Conde, Os nenos en Carnota de Nela Fraga, De “Coma nunca” a “Fatum” de Juan Galiñanes, A relatividade de Manolo Gómez, Mulleres da raia de Diana Gonçalvez, Unidade veciñal de Tono Mejuto, The porquer de NaraíoMedia, Ningún Deus de Mirian Opazo, Anatomía dunha serea de Adriana Páramo, O Sacauntos de Xoan Rodríguez Caridad, O cinemÓBIl reclame 2 (Work in progress) de Miguel A. Romero, Mirada Amateur de Cristina Souto, Boniatos no país do sol poÑente de Teño unha horta,  Feminino de The Sungirls, Cando roxe o formigueiro de Abel Vega, A esmorga de Ignacio Vilar.

SÁBADO 2 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
12:00h. ESPECTÁCULO “CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”. Casa da Cultura. Proposta da narradora Raquel Queizás para público infantil.(Entrada libre).
20:00h. PROXECCIÓN CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “A natureza salvaxe de San Sadurniño”. Casa da Cultura. (Entrada libre): O salvaxe leva o seu tempo (2017) de Óliver Laxe, Here (2016) de Natalia Porca, Alí sentíame eterna (2019) de Aldara Pagán, A pena dos Tres pés (2015) de Abel Vega, O silencio dos eólicos (2018) de Aser Álvarez, Os aventados. Ventos do Forgoselo (2015) de Álvaro Gago, Trae! (2019) de Fran Bermúdez, Forgoselo. Granito. (2015) de Alberte Pagán, 360º en cores (2017) de The Sungirls.

DOMINGO 3 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
10:00h. a 12:00h. EXPOSICIÓN “José Gil, pioneiro do cine galego”. Presentacións e
visitas guiadas. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño
13:00h. CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL. Banda Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño. (se chove trasladarase á Casa da Cultura)

VOLTAR Á PORTADA>>>

Share.