Bonos Activa Comercio 2024

0

Publicadas as bases dos Bonos Activa Comercio 2024 para incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde.

As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias.

Alta e requisitos dos comercios para a adhesión ao programa (establecementos)
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal.

Actuacións subvencionables 
Subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.

Presentación da solicitude dos bonos (persoas usuarias)
Cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal onde tamén poderá obter máis información adicional.

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as

comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.

3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, e aparecerá automaticamente o importe que ten que cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

4. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Data de descarga dos bonos: Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024.

Prazo de adhesión dos comercios: dende o 16/04/2024 ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 01/09/ 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación.

 

Cantidade: Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:

Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Ligazón á normativa

 

Share.