Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (PL500C)

0

Publicada a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024. Dirixida a persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Os horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 05/04/2024.

Taxa de dereito de exame: 16,92 €.

Ligazón á normativa

Share.