XIV Feira Rural

0

San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña.

Entre as actividades paralelas cóntanse as visitas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos con prácticas de poda e enxertado, os obradoiros de construción de papaventos para a rapazada, o concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro, sorteos de vales canxeables no comercio local, música ao vivo, un espectáculo de circo de rúa e, por suposto,  o concurso de froita que se desenvolverá ao longo da mañá e no que cumprirá inscribirse o mesmo día.

Onde xantar
A feira disporá cun posto de comida, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, Mesón O Ferrador , Asador  O Muíño -o antigo O Muíño do Pepe, reaberto hai uns días e cun novo nome e teléfono: 613099259- (San Sadurniño), Parrillada Riboira (en Lamas), Parrillada María Queira (Igrexafeita) e Os Cazadores (Santa Mariña do Monte), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA DA XIV FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO
26 de agosto de 2023, Leira da Cortiña (Google Maps

10:00h Apertura da feira e exposicións: agroalimentación, artesanía, viveiros, maquinaria e 2ª man. As solicitudes deberán presentarse no Concello ou na Sede Electrónica municipal antes das 14:00h do 24 de agosto. Descarga da folla de solicitude e normas de participación.

10:30 a 13:30h Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso de 10:30 a 11:30h na carpa principal. Agasallo dunha froiteira  do país só por participar. Descarga das bases do concurso.
– Premios: tres vales de 100€ canxeables en establecementos locais.

11:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de enxertado.

11:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

12:00h Obradoiro infantil de construción de papaventos 

12:00h Actuación de Brassica Rapa 

12:00h a 14:00h Cata-degustación de froita autóctona 

12:30h Visita guiada ao Colmear didáctico

14:00h Sorteo de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

TARDE

16:30h XXIV Concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro (máis información en www.clubcandepalleiro.com)

16:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

17:00h 19:00h Cata-degustación de froita autóctona 

17:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de poda de verán

17:30h Obradoiro infantil de construción de papaventos 

18:00h Actuación da compañía Circando 

18:30h Visita guiada ao Colmear didáctico.

19:45h Segundo sorteo de lotes de froita e de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

20:15h Clausura da XIV Feira Rural.

Exposicións e actividades paralelas durante toda a xornada:
– Froita autóctona da AGFA do Eume.
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente.
– Raza Can de Palleiro.
– Expositor do Concello: Información xeral sobre a feira, xunto con información turística: rutas, que ver, proxecto Terra de Vida e Xeoparque do Cabo Ortegal. O expositor tamén é o lugar de inscrición para as baixadas en kaiak, as visitas guiadas e os obradoiros infantís.

VOLTAR Á PORTADA>>>

Share.