Servizos e equipamentos

1454925638401

Vista posterior da Casa do Concello

O Concello de San Sadurniño ten a súa sede no antigo pazo do Ducado da Conquista -tamén coñecido como Pazo da Marquesa-, cedido ao consistorio en 2008 e rehabilitado posteriormente como sede municipal. No apartado de Patrimonio tes unha descrición máis detallada sobre este inmoble que sufriu dúas grandes modificacións: unha no século XIX e a máis recente con motivo do seu acondicionamento como Casa do Concello. Alí concéntranse a maior parte dos servizos que se lle prestan á cidadanía e o edificio está aberto de luns a venres polas mañás en horario de 9:00 a 14:00h.

Iso si, cómpre ter en conta os festivos. Para este ano 2024 quedaron declarados como tales e, polo tanto, días non hábiles:

  • Luns 1 de xaneiro, Aninovo
  • Sábado 6 de xaneiro, Reis
  • Martes 13 de febreiro, Martes de Entroido (Local)
  • Xoves 28 e venres 29 de marzo, Semana Santa
  • Mércores 1 de maio, Festa do Traballo
  • Venres 17 de maio, Día das Letras Galegas
  • Martes 2 de xullo, Santa Isabel (Local)
  • Xoves 25 de xullo, Día Nacional de Galicia
  • Xoves 15 de agosto, Día da Asunción
  • Sábado 12 de outubro, Día Nacional de España
  • Venres 1 de novembro, Santos
  • Venres 6 de decembro, Día da Constitución
  • Mércores 25 de decembro, Nadal

Servizos: Alcaldía e concellarías, Galería de exposicións, Rexistro municipal e Portelo único, Tesouraría, Secretaría, Arquitecta municipal, Servizos Sociais, Axente de Igualdade, Educadora familiar, Oficina de orientación laboral, Oficina de desenvolvemento local.

CATASTROO Concello tamén funciona como Punto de Información Catastral onde pode consultarse informaciónonde poden facerse as seguintes xestións:

  • Consulta de datos catastrais non protexidos, certificación de valor de referencia e certificación da referencia catastral.
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte do titular catastral ou de persoa representante ou autorizada.
  • Certificación negativa.
  • Consulta por parte da persoa titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais colindantes, titulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería e persoas herdeiras.

O servizo ofrécese  na Casa do Concello (Lugar do Casal 16, 15560 San Sadurniño) os mércores de 10:00h a 13:00h sempre con cita previa, que deberá concertarse no 981 490 027 ou no 695 876 068. Acceso ao listado de Puntos de Información do Catastro (web externa)

Por outra banda, ata San Sadurniño tamén se despraza mensualmente unha oficina móbil do DNI para poder renovar o carné de identidade sen ter que desprazarse a Ferrol. O servizo préstase na sala de xuntas do Centro Municipal de Empresas -enriba da escola infantil- con cita previa no 981 490 027. É necesario levar unha foto de carné e, no caso de pagar en metálico, o importe xusto da taxa pola expedición (12€ en 2024)

Horario de atención nas oficinas municipais: de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres. Necesidade de cita previa para Servizos Sociais, para as consultas urbanísticas coa arquitecta municipal e para as xestións no punto de información catastral que se ofrecen os mércores con cita previa.
Teléfono: 981 490 027 (centraliña e cita previa para Servizos Sociais)
Fax: 981 490 474
Enderezo: Lugar do Casal nº 16, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)
Correo-e: correo@sansadurnino.gal

1461672815497

Biblioteca municipal

Casa da Cultura e edificio da Casa da Xuventude

Servizos: Auditorio, Sala de exposicións, Técnico de Cultura, Biblioteca municipal, Aula de informática e Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), sala de xuntanzas e formación, salas de ensaio.

Horario de apertura da Casa da Cultura:  9 a 14:30 h. e de 15:30 a 20.30h., de luns a venres.

Horarios de atención Cultura: de 8:30 a 11:00 h. os luns e venres. Os mércores de 8:30 a 11:00 e de 12:00 a 15:00 h.

Horario de atención Rede CeMIT: de 9 a 14:00h os luns, martes, mércores e venres  (os horarios varían dependendo das actividades fóra da aula)

Horario de atención Biblioteca: de 16:30 a 21:00h de luns a venres

Teléfono: 981 490 027 (ext. 3)

Fax: 981 490 474

Enderezo: Avenida Marqués de Figueroa nº 13, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)

Correos-e: correo@sansadurnino.gal (Cultura e Deportes), cemit@sansadurnino.gal (Aula da Rede CeMIT)


arolada_miniatura

Escola Infantil Municipal

Escola Infantil Municipal

Servizos: Atención á infancia en tres unidades de 0-1 ano, 1-2 anos e 2-3 anos.

Horario: de 8 a 20h. de luns a venres de setembro a xullo, ambos meses incluídos.

Enderezo: Lugar do Casal nº 16A, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)

Teléfono: 981 490 369

Correo-e: eim.sansadurnino@gmail.com


IMG_2286

Pavillón Municipal

Pavillón e Ximnasio Municipal

Servizos: Pavillón polideportivo e ximnasio

Horarios de apertura: o pavillón está aberto todos os días da semana, mentres que o ximnasio municipal ten os seguintes horarios dependendo da época do ano: do 1 ao 8 de setembro de luns a venres entre as 8:30 e as 15:30h e do 11 ao 30 de setembro de 16:00 a 23:00h. A partir de outubro publicaranse os novos horarios.

Teléfono: 647 491 371

Enderezo: Avenida do Marqués de Figueroa nº 19, C.P. 15560 – San Sadurniño (parte traseira do Colexio Público).

Correo-e: correo@sansadurnino.gal

Outros servizos e enderezos de interese:carteleria

Garda Civil:  981 490 006 (tamén o 062) –  Avenida Marqués de Figueroa nº 2, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña
Centro de Saúde:  981 495 295 (de 8 a 15:00h) e 981 495 276 (de 15 a 8:00h e fins de semana), tamén se pode contactar con el a través do 061 – Avenida Marqués de Figueroa nº 11, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña
Centro de Día: 981 490 301 – Lugar do Casal nº 13, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña
Centro Residencial de Maiores Suacasa: 981 490 357 – Lugar de Silvalonga nº 8, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña.
Farmacia: 981 490 180 – Avenida Marqués de Figueroa nº 10, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña
Colexio Público Integrado: 981 490 032 – Avenida Marqués de Figueroa nº 19, C.P. 15560 San Sadurniño, A Coruña.
Estación de Feve: 981 490 310 – Lugar de Orxas nº 6-8, C.P. 15560 Silvalonga – San Sadurniño, A Coruña