Publicadas no DOG as axudas en concorrencia competitiva e a fondo perdido para a nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, dirixidas a persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias.
Gastos subvencionables: os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
No caso das persoas beneficiarias por comezaren nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.
Para a convocatoria de 2024 serán atendibles os gastos imputados á campaña que comprende o período que vai do 01/05/2023 ata o 30/04/2024.
Prazo de solicitude: ata o 27/05/2024.
Importes: A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.