Subvencións do Programa Rehaluga (VI426C)

0

Convocadas para a anualidade 2024, con carácter plurianual, as subvencións do Programa Rehaluga, dirixido ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas incorporadas ao Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (PMVA).

Poderán acollerse a esta convocatoria as actuacións que se realizasen desde o 04/11/2023, sen que o seu prazo de execución poida, en ningún caso, exceder o 30/04/2025. Son achegas a fondo perdido e sen concorrencia competitiva.

Actuacións subvencionables:
a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/ou para a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.
d) Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno e campá extractora.
e) Cambio de sanitarios, bañeira e anteparos.

Na execución das actuacións que afecten fachadas, carpintaría exterior e/ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

Os importes máximos serán:
a) 3.000 euros, no suposto de que a vivenda estea alugada ou se vaia alugar conforme
o prezo máximo de renda fixado no anexo I da Resolución do 21 de setembro de 2022 pola que se regula o PMVA, segundo o municipio en que se localice a vivenda.
b) 5.000 euros, no suposto de que a renda da vivenda que estea alugada ou se vaia alugar sexa inferior, polo menos nun 10 % e ata un 15 %, ao prezo máximo de renda fixado no dito anexo I da Resolución do 21 de setembro de 2022, segundo o municipio en que se localice a vivenda.
c) 8.000 euros, no suposto de que a renda da vivenda que estea alugada ou se vaia alugar sexa inferior, en máis dun 15 %, ao prezo máximo de renda fixado no dito anexo da Resolución do 21 de setembro de 2022, segundo o municipio en que se localice a vivenda.

Prazo de solicitude: ata o 04/11/2024.

Nota sobre prezos máximos, segundo a Resolución do 21 de setembro de 2022 pola que se regula o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento:
– ANEXO I –
Prezos máximos de renda por localidades:
– 600 euros. Nos municipios da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e
Pontevedra.
– 500 euros. Nos municipios de:
Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Allariz, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
– 400 euros. No resto de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón á normativa

Share.