Aviso Legal e Privacidade

Sobre os contidos da web
O Concello de San Sadurniño, a través dos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es facilita información de interese xeral do municipio e, en particular, información e xestións propias da organización municipal.

Así mesmo, o Concello de San Sadurniño non asume responsabilidade algunha en relación con erros tipográficos ou coa interpretación do material incluído nestas páxinas. Tal material consiste unicamente en información pública de carácter xeral que non ofrece necesariamente información completa, exacta ou actualizada. En ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos que estivesen suxeitos exclusivamente á normativa que lles sexa de aplicación.

O Concello de San Sadurniño non se fai responsable do acceso ou uso dos contidos por parte do usuario/a. Do mesmo xeito o Concello de San Sadurniño non se fai responsable do acceso a contidos que aparezan nas ligazóns a outros dominios distintos dos que se inclúen nos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es.

Toda a información contida nos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es poderá ser modificada e actualizada polo Concello de San Sadurniño sen necesidade de aviso previo.

As fotografías que aparecen nesta páxina son propiedade do Concello de San Sadurniño ou dos autores/as que autoricen a súa reprodución no sitio, e enténdese que están suxeitas a dereitos de copia (copyright) a menos que se especifiquen criterios distintos para a súa distribución baixo calquera tipo de licenza Creative Commons.

Protección de datos de carácter persoal
De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que está a facilitar os seus datos de carácter persoal ao Responsable de Tratamento: CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (en adiante A ENTIDADE), con dirección LUGAR O CASAL, 16, 15560 – SAN SADURNIÑO (A CORUÑA).

1.- DPO: O Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE SAN SADURNIÑO é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en correo@sansadurnino.gal.

2.- Finalidade do tratamento
Os datos recompilados serán unicamente os detallados no formulario de contacto, así como aqueles que vostede nos facilite no apartado “Comentarios”.

A ENTIDADE poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:
Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
Xestionar o servizo de Atención á veciñanza, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquedanzas que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquera outras consultas que poida ter.

Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relación que a ENTIDADE manteña con vostede.

O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode levar a que non sexa posible xestionar a súa petición a través do formulario de contacto.

No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiras, vostede responsabilízase de informar e obter o consentimento destas para ser achegados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente Política de Privacidade e Cookies.

3.- Lexitimación do tratamento dos seus datos de carácter persoal
A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao chicar o botón “ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS”

4.- Destinatarias de cesións
Non cederemos os seus datos a terceiras, salvo por obrigación legal.

5.- Dereitos
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
-Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
-Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
-Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento
-Dereito á portabilidade dos datos
Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.

6.- Medidas de seguridade
CONCELLO DE SAN SADURNIÑO ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.

7.- Documento de rexistro de actividades:
Relación de departamentos e actividades relacionadas co tratamento de datos. Documento descargable en formato .pdf desde esta ligazón.

Voltar á portada >>>