Convocatoria de bolsas de formación para persoas cun título universitario co fin de realizar prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación.
Requisitos das persoas beneficiarias (entre outros):
-
Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título.
-
Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
-
Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
-
Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da Fundación Galicia Europa (FGE) en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
Duración e lugar de realización: O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de doce (12) meses.
O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas; tamén se poderán realizar breves períodos formativos nas dependencias da Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.
Prazo de solicitude: ata o 23/05/2024.
Contía e financiamento das bolsas: O importe total de cada bolsa incluirá as retribucións brutas e os custos da Seguridade Social, o pagamento dun seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica, así como unha axuda de desprazamento, que terá a consideración de pagamento anticipado.