Orzamentos

Os orzamentos municipais son o resume das previsións de ingresos e gastos durante o exercicio anual. Entran en xogo moitas variables: o custe dos salarios do persoal, as variacións dos prezos dos combustibles e da electricidade, as transferencias que veñen doutras administracións, os prezos finais que terán as obras, as previsións de ingresos en concepto de taxas e impostos municipais… Hai que ter en conta todos estes aspectos -e moitos máis- para deseñar unhas contas que respondan ás necesidades de todo o territorio e que, ademais, manteñan o equilibrio entre o que se ingresa e o que se ten previsto gastar.

As contas do ano 2026 quedaron en 3.914.639,41 € tanto nas previsións de ingresos como de gastos. Unha cifra que, inicialmente, se mantén practicamente igual que en 2025, aínda que probablemente acabe incrementándose ao longo do ano pola incorporación de máis fondos procedentes de programas provinciais e autonómicos pendentes de tramitación no momento de aprobar inicialmente as contas no pleno do 28 de maio de 2026.

  • Descarga desde aquí o documento coa proposta da alcaldía aprobada en pleno

Cadro resume dos orzamentos 2026 

ORZAMENTO 2025: RESUME COMPARATIVO POR CAPÍTULOS E PORCENTAXE SOBRE O TOTAL
INGRESOS 2025 2026 % GASTOS 2025 2026 %
1. Impostos directos 778.000,00 794.000,00 88,12% 1. Gastos de persoal 1.474.058,79 1.543.570,42 39,43%
2. Impostos Indirectos 35.500,00 60.000,00 1,53% 2. Gastos correntes 1.453.724,25 1.548.161,05 39,55%
3. Taxas, prezos públicos
e outros impostos
393.700,00 437.100,00 11,17% 3. Gastos financeiros 2.500,00 2.000,00 0,05%
4. Transferencias correntes 2.108.156,49 2.157.480,76 55,11% 4. Transferencias correntes 185.545,00 189.500,00 4,84%
5. Ingresos patrimoniais 10.000,00 1.000,00 0,03%
6. Alleamento investimentos
reais
0,00 0,00 0,00% 6. Investimentos reais 783.576,75 612.657,94 15,65%
7. Transferencias de capital 592.798,30 465.058,65 11,88% 7. Transferencias de capital 0,00 0,00
8. Pasivos financeiros 0,00 0,00 0,00% 8.Pasivos financeiros 18.750,00 18.750,00 0,48%
TOTAL 3.918.154,79 3.914.639,41 TOTAL 3.918.154,79  3.914.639,41