Aviso Legal

Sobre os contidos da web
O Concello de San Sadurniño, a través dos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es facilita información de interese xeral do municipio e, en particular, información e xestións propias da organización municipal.

Así mesmo, o Concello de San Sadurniño non asume responsabilidade algunha en relación con erros tipográficos ou coa interpretación do material incluído nestas páxinas. Tal material consiste unicamente en información pública de carácter xeral que non ofrece necesariamente información completa, exacta ou actualizada. En ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos que estivesen suxeitos exclusivamente á normativa que lles sexa de aplicación.

O Concello de San Sadurniño non se fai responsable do acceso ou uso dos contidos por parte do usuario/a. Do mesmo xeito o Concello de San Sadurniño non se fai responsable do acceso a contidos que aparezan nas ligazóns a outros dominios distintos dos que se inclúen nos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es.

Toda a información contida nos dominios sansadunino.gal e sansadunino.es poderá ser modificada e actualizada polo Concello de San Sadurniño sen necesidade de aviso previo.

As fotografías que aparecen nesta páxina son propiedade do Concello de San Sadurniño ou dos autores/as que autoricen a súa reprodución no sitio e enténdese que están suxeitas a dereitos de copia (copyright) a menos que se especifiquen criterios distintos para a súa distribución baixo calquera tipo de licenza Creative Commons.

Protección de datos de carácter persoal
De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos serán incluídos nun ficheiro do que é titular o Concello de San Sadurniño, e poderán ser utilizados coas seguintes finalidades en cada caso concreto:

– O envío dos seus datos de carácter persoal a través desta páxina web, con motivo de realizar unha solicitude de información supón o consentimento pola súa banda para a inclusión e tratamento dos seus datos nun ficheiro rexistrado por esta entidade ante a AGPD. Os datos obtidos serán utilizados para atender a solicitude realizada por vostede mesmo/a.

– Facilitar o acceso aos contidos ofrecidos a través da páxina web.

– O estudo da utilización dos servizos por parte dos usuarios e visitantes.

– O Concello de San Sadurniño, cando se trate de datos recollidos de fontes accesibles ao público; Cando a cesión que deba efectuarse teña por destinatario ao Defensor do Pobo, o Ministerio Fiscal ou os Xuíces ou Tribunais ou o Tribunal de Contas, no exercicio das funcións que ten atribuídas; cando a cesión teña como destino institucións autonómicas con funcións análogas ao Defensor do Pobo ou ao Tribunal de Contas; se a comunicación se efectúa previo procedemento de disociación.

No caso de que se solicitasen á persoa usuaria datos de carácter persoal por medios distintos dos anteriormente expostos, o Concello de San Sadurniño comunicarállelo de forma expresa e inequívoca respecto das condicións en que se van recoller eses datos persoais e as finalidades coas que van ser utilizados, da obriga de facilitalos ou non, dos dereitos que asisten á persoa usuaria, das condicións en que se poden exercitar, do destino da información, de quen é responsable do ficheiro e de calquera outra información complementaria que resulte necesaria.

O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que se lle piden obrigatoriamente no formulario de contacto poderá ter como consecuencia que o Concello de San Sadurniño non poida atender a súa solicitude.

Así mesmo, aceptando este aviso legal, recoñece que a información e os datos persoais que se recollen son exactos e verídicos. Igualmente informámoslle que o Concello de San sadurniño ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas. Todo isto, de acordo co que prevé o artigo 9 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter persoal e o Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro de desenvolvemento da citada Lei.

O Concello de San Sadurniño comprométese a tratar de maneira absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal e facelos servir só para as finalidades indicadas.

Esta web non utiliza cookies nin recaba información sobre a navegación que fai por ela o usuario ou usuaria.

O Concello de San Sadurniño pon a dispor dos usuarios da web un formulario de suxestións que funciona contra un enderezo de correo-e para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cos contidos e informacións que se faciliten a través da web, ademais de servir para comunicar incidencias que poidan producirse en servizos, equipamentos ou espazos públicos de titulariedade municipal -rede viaria, instalacións, etc.-.

A caixa de suxestións  limitarase ás respostas puntuais de cada comunicación que se produza por este medio. A utilización do formulario de suxestións non terá carácter de solicitude ou comunicación oficial a efectos administrativos, para o que deberá utilizarse o rexistro municipal, a sede electrónica, o punto de presentación de facturas ou calquera outro recurso que se poña en marcha no futuro.

Tanto a sede electrónica municipal como o perfil de contratante, aínda estando vencellados á web municipal por banners e ligazóns, contan con servidores  e un sistema de almacenamento dos contidos/xestión da información separado e custodiado por persoal funcionario.

Para calquera reclamación formal ao respecto do sitio web sansadurnino.gal ou sansadurnino.es, así como para exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais nos termos previstos na LOPD, deberán comunicarse por escrito dirixíndose ao rexistro municipal, por correo certificado dirixido a Concello de San Sadurniño, Lugar do Casal nº 16, 15560 San Sadurniño (A Coruña) ou a través da sede electrónica.