Servizo de matadoiro móbil da Consellaría do Medio Rural

0

A principios deste ano entrou en funcionamento o servizo móbil da Consellaría de Medio Rural que facilita o sacrificio de gando ovino, cabrún e porcino naquelas zonas máis afastadas dos matadoiros comarcais de referencia. Este matadoiro móbil vai montado sobre un camión e pode solicitarse chamando ao 982 251 201 de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00h, polo menos dous días antes da data prevista para a matanza.

Deberemos facilitar os datos da explotación -enderezo, REGA-, o animal ou animais que queremos sacrificar -indicando peso, idade, etc.- e se as canais son para autoconsumo ou para a súa venda posterior. As rutas do camión-matadoiro que nos virá pola casa organizaranse dependendo da demanda de cada zona e das datas solicitadas.

Os prezos -que se deberán pagar previamente a través da web https://ovt.atriga.gal– van desde os 10€ que custa sacrificar un año até os 40€ de matar un porco que vaia quedar para a casa. Estas cantidades increméntanse un chisco se se solicita o almacenamento das canais ou o seu traslado a un punto de distribución.

É importante ter en conta que neste servizo non entra a matanza de pitos e galiñas nin tampouco a de becerros e vacas.

Díptico informativo publicado pola Xunta

Share.