A Deputación da Coruña abriu o pasado 4 de abril ás 14:00h o prazo para que as entidades soliciten os espectáculos dos distintos programas da Rede Cultural:
- ESCENA AO VIVO!: Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos.
- VISIÓNS!: Programa profesional de cinema e contidos audiovisuais (para concellos).
- ALICERCE!: Programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades
- LINGUA A ESCENA!: Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
As propostas dispoñibles poden consultarse na plataforma SUBTEL, que é tamén o lugar a través do que se deben presentar as solicitudes, que despois se materializarán nun convenio coa Deputación que cumprirá asinar na data e lugar sinalados polo ente provincial.
Catálogo
Bases
Enlace á solicitude (necesario dispor de clave)