Grupos Municipais
A San Sadurniño correspóndelle un pleno formado por 11 persoas elixidas cada catro anos dentro dos comicios municipais. Só tres partidos presentaron en 2019 cadansúa candidatura para concorrer ás eleccións municipais, celebradas o 26 de maio. Daquela o censo contaba con 2.513 persoas en idade de votar das que, en total, acudiron ás urnas 1.845, o que deu un índice de participación do 73,42%. Os resultados foron os seguintes:
Partido | Votos obtidos | Concelleiros/as | % de voto |
B.N.G | 1.050 | 7 | 57,25% |
P.P. | 501 | 3 | 27,32% |
PSdeG-PSOE | 259 | 1 | 14,12% |
en branco | 24 | – | 1,31% |
nulos | 9 | – | 0,49% |
Consonte a estes resultados, no pleno do 15 de xuño de 2019 foi elixido por maioría alcalde de San Sadurniño Secundino García Casal, que tomou posesión do seu cargo xunto co resto de membros da corporación:
Bloque Nacionalista Galego (www.bng.gal)
Secundino García Casal (Alcalde)
Mari Carmen Muíño Filgueira – Portavoz
Manuel Varela Mecías
Amparo Calvo González
Manuel Beceiro Couce
Tomás Calvo García
Araceli Bellas Castro (en substitución de Ana Belén Breixo Gundín desde o 18/04/2022)
Partido Popular (www.ppdegalicia.gal)
María Belén Trigo Meizoso – Portavoz
María Esther Díaz Vergara
José Luís Hermida Prieto
PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com)
Lois Anxo Rodríguez Calvo – Portavoz