Perfil de contratante

A entrada en vigor da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, supuxo un impulso á utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos na contratación pública.

Nese marco legal, unha das liñas fundamentais de actuación dirixiuse a mellorar os sistemas de información sobre a actividade contractual, creando novas figuras, como o perfil do contratante e as plataformas de contratación que, a través da Internet, constitúen ferramentas de grande axuda para coñecer e seguir dos procedementos contractuais abertos ou en curso e mesmo de coñecer posibilidades de negocio co sector público.

Desde aquí poderá acceder e consultar os anuncios de información previa, das licitacións en curso e documentación de interese (pregos, datas de apertura, publicacións en outros medios), das adxudicacións provisionais e definitivas, ou dos puntos de contacto e medios de comunicarse cos órganos de contratación do Concello de San Sadurniño.

Desde o 10 de agosto de 2018 deixouse de utilizar a plataforma de contratación da Xunta de Galicia, polo que as licitacións e contratos anteriores a esa data poden consultarse desde esta ligazón.

A partir desa data, os novos procesos de contratación pública encóntranse dispoñibles na Plataforma de Contratación do Sector Público habilitada polo Goberno do Estado, accesible picando na seguinte imaxe.

contratacionsector