Concesión de bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa (FGE) en Bruxelas.
Duración e modalidades
- O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once (11) meses.
- Nestas bases reguladoras prevense tres modalidades de bolsas:
- Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
- Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
- Bolsas destinadas a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.
- As persoas candidatas só poderán presentarse a unha destas modalidades de bolsa.
Requisitos das persoas beneficiarias para obter a bolsa
Entre outros requisitos:
Posuír o título académico necesario para a modalidade a que se presenta a persoa beneficiaria ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria:
- Na modalidade de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
- Na modalidade de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
- Na modalidade para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).
Contía e financiamento das bolsas
O importe total de cada bolsa incluirá as retribucións brutas e os custos da seguridade social, o pagamento dun seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica, así como unha axuda de desprazamento que terá a consideración de pagamento anticipado
Prazo de solicitude: ata o 23/05/2024.