Obxectivo: Subvencións para a renovación de electrodomésticos (IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN414B) para a anualidade 2024.
Persoas beneficiarias: Persoas físicas con vivendas localizadas en Galicia.
Condicionantes: As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Actuacións subvencionables: Renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma
de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A ou B (*)
- Lavalouzas A, B ou C
- Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)
(*) Inclúe lavasecadoras sempre e cando teñan unha clasificación para lavado
A ou B.
Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado para o seu tratamento, primando o principio de proximidade. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Prazos de solicitude: IN414B Adhesión ao plan de axudas para a renovación de electrodomésticos, destinadas a particulares: ata o 01/07/2024. IN414C Subvencións renovación de electrodomésticos: ata o 30/09/2024.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación. A data límite para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento ca documentación xustificativa dos investimentos é de 60 días naturais contados desde o día seguinte á presentación da solicitude coa data límite do 30 de setembro de 2024.
Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (IN414B): Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venda de electrodomésticos e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das epígrafes seguintes correspondentes:
- Epígrafe 653.2. Comercio ao retallo de material e aparellos eléctricos,
electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico
accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica. - Epígrafe 661.1. Comercio en grandes almacéns, que ofrecen unha
variedade ampla e, en xeral, profunda, de varias gamas de produtos. - Epígrafe 661.2. Comercio en hipermercados, establecementos que
ofrecen principalmente en autoservizo unha ampla variedade de
produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda. - Epígrafe 662.1. Comercio ao retallo de toda clase de artigos en
economatos e cooperativas de consumo. - Epígrafe 662.2. Comercio ao retallo de toda clase de artigos, en
establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe
662.1.
Cantidade: Establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario. As persoas beneficiarias de edicións anteriores non poderán repetir a mesma tipoloxía de electrodoméstico subvencionados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
Electrodomésticos subvencionables | Axuda máxima (€/electrodoméstico) | ||
Consumidor xeral | Consumidor vulnerable | Consumidor vulnerable severo | |
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | 150 | 300 | 450 |
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | |||
Lavadora A ou B (*) | 100 | 200 | 300 |
Lavalouza A, B ou C | |||
Placa de indución total (soamente tecnoloxía de indución) | 100 | 200 | 300 |
(*) Inclúe lavasecadoras sempre e cando teñan unha clasificación para lavado A ou B.
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.