Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024 (PL500C)

0

No DOG núm. 52, do 13 de marzo, publicouse a resolución do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que se convocaban as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (PL500C)

Fíxanse as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante dita resolución:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 18/05/2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 19/05/2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 25/05/2024, para todas as persoas admitidas
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26/05/2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela: 01/06/2024, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).

As probas comezarán ás 9.00 horas. Na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o
mesmo día que a proba escrita.

Enlace á publicación

Share.