O Boletín Oficial do Estado do 14 de marzo de 2022 publicou as convocatorias de dous procesos selectivos convocados polo Concello para cubrir dous postos nas oficinas municipais, un de persoal Administrativo e outro de Administrativo de Xestión.
As persoas que desexen concorrer ao concurso-oposición, cuxas bases e temarios saíron no BOP do pasado 22 de decembro, teñen até o mércores 11 de abril -incluído- para achegar a solicitude e a documentación acreditativa dos méritos e efectuar o pagamento das taxas.
O procedemento avaliará o coñecemento teórico e práctico das funcións en cada posto e, a maiores, o Concello será pioneiro introducindo unha proba oral sobre seis apartados cos que se pretende valorar a aptitude competencial das persoas candidatas, na liña de asegurar, entre outros aspectos, a efectividade no traballo, a calidade na atención á veciñanza ou o traballo en equipo. Do deseño desta parte das probas e da súa avaliación (que outorgará un máximo de 12 puntos dos 100 posibles) encargarase un equipo formado por especialistas das universidades da Coruña e Santiago.
Ambas convocatorias teñen a finalidade de seleccionar persoal funcionario de carreira para a súa incorporación con praza en propiedade ao Concello de San Sadurniño. Nun caso trátase da cobertura dun posto de administrativo/a (grupo C, subgrupo, C1, escala, administración xeral; subescala: administrativa, nivel de destino 17 e complemento específico 34,95) e no outro trátase do posto actualmente vacante de administrativo/a de xestión, encadrado nas mesmas categorías pero cun nivel 19 e un complemento específico de 37,55.
As persoas interesadas en participaren no proceso selectivo teñen até o mércores 11 para presentaren as súas instancias e efectuar o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame (15,86 euros) que deberá ingresarse na conta ES74-2080-0208-0131-1000-0059. As solicitudes deberán ir acompañadas do xustificante do pagamento; da copia simple do DNI, Pasaporte ou documento de identificación; da copia simple do documento que acredite a titulación requirida e, de ser o caso, a relativa ao coñecemento da lingua galega. Tamén se deberá presentar a documentación que acredite os méritos alegados na orde establecida nas bases da convocatoria.
DOCUMENTACIÓN DESCARGABLE XERADA DURANTE OS PROCESOS SELECTIVOS
PRAZA ADMINISTRATIVA/O
Bases e temario Administrativo/a
Anuncio publicado no BOE do 14/03/2022
Modelo de solicitude Administrativo/a en formato .ODT e en formato .PDF
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a provisión dunha praza de persoal funcionario de carreira de Administrativo/a. (publicado no BOP o 13/05/2022) – Prazo de alegacións ata o 19/05/2022 (incluído)
Resolución da Alcaldía ampliando o prazo de alegacións até as 14:30h do 20/05/2022, debido á interrupción programada do funcionamento da sede electrónica entre as 22:00 e as 23:59h do día 19/05/2022 (publicado en web o 19/05/2022)
Resolución da Alcaldía co listado definitivo de persoas admitidas e excluídas e data de celebración da proba de coñecemento do galego (publicado en web o 03/06/2022) – Á proba de coñecemento da lingua galega só están convocadas as dúas persoas que non acreditaron o CELGA 4. O exame desenvolverase o xoves 16 de xuño ás 9:00h na Casa da Xuventude de San Sadurniño.
Resolución listado persoas admitidas e excluídas e data da proba de coñecemento do galego (publicado no BOP do 07/06/2022)
Anuncio cos resultados da proba de coñecemento da lingua galega e data de celebración do segundo exercicio (proba de coñecementos teóricos), que terá lugar na Casa da Cultura de San Sadurniño o 22/06/2022 ás 09:00h. (publicado en web o 16/06/2022)
Anuncio cos resultados da proba de coñecementos teóricos, prazo de alegacións e data para a 3ª proba -suposto práctico-, fixada para o xoves 30 de xuño ás 09:00h na Casa da Cultura de San Sadurniño (publicado en web o 22/06/2022) Exame (.pdf) – Plantilla de respostas (.pdf)
Anuncio de resolución de alegacións á proba de coñecementos teóricos (publicado en web o 29/06/2022)
Anuncio cos resultados da 3ª proba (suposto práctico), prazo de alegacións e data para a 4ª proba da fase de oposición (publicado en web o 17/10/2022)
Anuncio cos resultados da 4ª proba, proposta de nomeamento e prazo de alegacións (publicado en web o 03/11/2022)
Resolución dando conta da renuncia da aspirante proposta inicialmente e do nomeamento da seguinte aspirante con maior puntuación no proceso selectivo (publicado en web o 11/11/2022)
Resolución dando conta da renuncia da segunda aspirante proposta e do nomeamento da seguinte aspirante con maior puntuación no proceso selectivo (publicado en web o 14/11/2022)
PRAZA ADMINISTRATIVA/O DE XESTIÓN
Bases e temario Administrativo/a de Xestión
Anuncio publicado no BOE do 14/03/2022
Modelo de solicitude Administrativo/a de Xestión en formato .ODT e en formato .PDF
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a provisión dunha praza de persoal funcionario de carreira de Administrativo/a de Xestión (publicado no BOP o 13/05/2022) – Prazo de alegacións ata o 19/05/2022 (incluído)
Resolución da Alcaldía ampliando o prazo de alegacións até as 14:30h do 20/05/2022, debido á interrupción programada do funcionamento da sede electrónica entre as 22:00 e as 23:59h do día 19/05/2022 (publicado en web o 19/05/2022)
Resolución da Alcaldía co listado definitivo de persoas admitidas e excluídas e data de celebración da proba teórica (publicado en web o 03/06/2022) – A proba teórica da fase de oposición desenvolverase o xoves 9 de xuño a partir das 9:30h na Casa da Cultura de San Sadurniño.
Resolución listado persoas admitidas e excluídas e data de proba teórica (publicado no BOP do 06/06/2022)
Anuncio cos resultados da proba de coñecementos teóricos, prazo de reclamacións e data da proba do suposto práctico, fixada para o xoves 16 de xuño de 2022 ás 10:00h na Casa da Cultura de San Sadurniño (anuncio publicado en web o 09/06/2022). Exame (.pdf) e Plantilla de respostas (.pdf)
Anuncio do Tribunal: suspensión da proba do suposto práctico na data fixada inicialmente (publicado en web o 14/06/2022)
Anuncio de resolución de alegacións e data para o segundo exercicio –suposto práctico-, que se desenvolverá o martes 21 de xuño de 2022 a partir das 09:00h na Casa da Cultura (anuncio publicado en web o 16/06/2022)
Anuncio do Tribunal coa resolución das puntuacións provisionais da proba do suposto práctico. (publicado en web o 03/08/2022)
Anuncio do Tribunal coa convocatoria da 4ª proba do proceso selectivo, fixada para o mércores 14 de setembro de 2022 ás 09:30h no Salón de Plenos do Concello de San Sadurniño (anuncio publicado en web o 08/09/2022)
Anuncio do Tribunal cos resultados da 4ª proba da fase de oposición, valoración da fase de concurso de méritos, cualificacións totais e proposta de nomeamento (anuncio publicado en web o 28/09/2022)
Anuncio de nomeamento de funcionaria para ocupar en propiedade a praza de Administrativa de Xestión do Concello de San Sadurniño. (resolución publicada en web o 10/10/2022)