Axudas Liña 2.7. PEL-Autónomos/as 2024

0

A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.

Persoas beneficiarias: persoas autónomas que desenvolvan unha actividade económica con ánimo de lucro, con domicilio fiscal nun concello da Coruña de menos de 20.000 habitantes e unha antigüidade máxima de 5 anos.

Condicionantes:

  • Compatibilidade con outras axudas do PEL: as subvencións PEL son compatibles entre si.

  • Compatibilidade con outras axudas da Deputación: as axudas PEL serán incompatibles con calquera outra axuda concedida por esta Deputación para o mesmo obxecto.

  • Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: Esta axuda será incompatible con calquera outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos subvencionados por esta convocatoria.

Quedan comprendidas como axudas públicas ou privadas as subvencións, bonificacións, tarifas planas, reducións e ceses de actividade ou calquera outra que supoñan que o beneficiario vexa reducida a súa achega por razón de cotas ao correspondente réxime especial da Seguridade Social, concedidas por entidades ou organismos públicos o privados.

Actuacións subvencionables: Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, as cotas mensuais de autónomos correspondentes ao ano 2024 que non reciban ningún tipo de axuda ou calquera outro concepto similar definido na base 8.-Compatibilidade/incompatibilidade destas bases específicas, por parte de ningunha entidade ou organismo público nin privado.

En todo caso non serán subvencionables as cotas inferiores a 200 € nin as correspondentes a períodos inferiores a un mes natural.

Os conceptos de gasto subvencionables nesta liña de axudas son os seguintes:

Conta

Descrición da conta

642

Seguridade Social a cargo da entidade

 

Prazo de solicitude: desde o día 22/01/2024 ás 8:00 horas ata o día 22/02/2024 ás 14:00 horas.

Tipoloxía: axudas en réxime de concorrencia competitiva a fondo perdido.

Cantidade: a axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2024.

Contía máxima a solicitar (no caso de solicitar as 12 cotas)

2.400 €

Contía mínima a solicitar (no caso de solicitar 6 cotas)

1.200 €

Contía variable (en caso de solicitar máis de 6 e menos de 12)

200 * número de meses non subvencionados/bonificados

Enlace á normativa

Share.