Axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas para o ano 2024 (código de procedemento MT809E)

0

Axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos para o ano 2024.

Persoas beneficiarias: As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Tamén as persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Condicionantes

  • Deberán comunicar no prazo máximo de tres días á produción dos danos en cultivos agrícolas deberán poñelo en coñecemento mediante unha chamada ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

  • As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras axudas de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das axudas concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Estas axudas serán incompatibles coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Actuacións subvencionables: Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2023 ata o 10 de outubro de 2024.

Presentación de solicitudes: Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2023 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2023.

Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do danoSe o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Tipoloxía: axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido.

Cantidades:  O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I desta orde. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.750 €. No caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito á axuda máxima, é dicir, 2.750 €.

Enlace á normativa

Share.