Axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando para o ano 2024.
Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.
Condicionantes
-
Deberán comunicar o dano nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo chamando ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
-
As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras axudas de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das axudas concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
Estas axudas serán incompatibles coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.
Actuacións subvencionables: Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
Presentación de solicitudes: Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2023 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2023.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Tipoloxía: Axudas en concorrencia competitiva e a fondo perdido.
Cantidade
-
O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde. A baremación do importe estará suxeita ó tipo de especie do animal, á súa clase e idade, á raza e ó lucro cesante.
-
Este importe incrementarase nun 10 % no caso daquelas explotacións en que comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo e que fosen avaliadas como axeitadas pola Comisión de Valoración correspondente.
-
No caso de animais feridos, a axuda calcularase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados.
-
importe máximo da compensación dos gastos de eutanasia por animal establécese en 75,00 €.