Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal para o ano 2024 (CO300C)

0

Trátase de axudas para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, dirixidas a comerciantes retallistas e a obradoiros de artesanía con inscriión no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Actuacións subvencionables, contías e compatibilidades

Actuacións subvencionables para comerciantes retallistas con tenda física

1. Liña de dixitalización comercial.

Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización do comercio, que son incompatibles e excluíntes entre si.

a) Programa e-commerce I (comerciantes retallistas sen páxina web)

b) Programa e-commerce II (comerciantes retallistas con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I).

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Sen empregados/as De 1 a 10

empregados/as

De 11 a 250

empregados/as

e-commerce I Implantación de páxina web sen venda en liña 690,00 € 670,00 € 680,00 €
Hardware (sistema TPV ou tableta) 690,00 € 1.000,00 € 1.300,00 €
Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida 690,00 € 1.000,00 € 1.300,00 €
Impresora de código de barras térmica 1D/2D 170,00 € 170,00 € 170,00 €
Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 1.100,00 € 1.700,00 € 2.600,00 €
Total programa e-commerce I 3.340,00 € 4.540,00 € 6.050,00 €
e-commerce II Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña 1.100,00 € 1.100,00 € 1.100,00 €
Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 2.800,00 € 4.900,00 € 9.900,00 €
Loxística e-commerce 600,00 € 900,00 € 1.900,00 €
Xestor de redes sociais 450,00 € 900,00 € 1.900,00 €
Imaxe dixital 450,00 € 900,00 € 1.900,00 €
Total programa e-commerce II 5.400,00 € 8.700,00 € 16.700,00 €

2. Liña de innovación comercial.

a) Programa smart retail (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I e, no seu caso, páxina web con venda en liña).

b) Programa visual merchandising (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I).

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Sen empregados/as De 1 a 10

empregados/as

De 11 a 250

empregados/as

Smart retail Etiquetaxe electrónica para lineais de venda 2.000,00 € 5.100,00 € 6.000,00 €
Sistemas de click and collect e lockers dixitais 3.000,00 € 4.250,00 € 5.000,00 €
Terminais de autopagamento para a clientela (self check out) 3.600,00 € 4.250,00 € 5.000,00 €
Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID 7.000,00 € 8.500,00 € 10.000,00 €
Software para a xestión loxística do e-commerce 1.400,00 € 1.700,00 € 2.000,00 €
Solucións de ciberseguridade 1.400,00 € 1.700,00 € 2.000,00 €
Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) 700,00 € 850,00 € 1.000,00 €
Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) 1.200,00 € 2.550,00 € 3.000,00 €
Aplicacións de realidade virtual e aumentada 1.200,00 € 2.550,00 € 3.000,00 €
Total programa smart retail 21.500,00 € 31.450,00 € 37.000,00 €
Visual

merchandising

Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela 6.100,00 € 7.200,00 € 8.500,00 €
Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela 3.500,00 € 4.200,00 € 5.000,00 €
Total programa visual merchandising 9.600,00 € 11.400,00 € 13.500,00 €

3. Liña de modernización comercial.

a) Programa eficiencia: dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos.

b) Programa reforma: dirixido á mellora da imaxe do local

c) Programa equipamento: adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso.

A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Ata 100 m2 de

superficie de

exposición e venda

De 101 a 200 m2

de superficie de

exposición e venda

De 201 a 300 m2

de superficie de

exposición e venda

Eficiencia Portas automáticas con sensores de proximidade 2.000,00 € 2.000,00 € 2.000,00 €
Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces 1.500,00 € 2.000,00 € 3.000,00 €
Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes 3.000,00 € 5.000,00 € 8.000,00 €
Total programa eficiencia 6.500,00 € 9.000,00 € 13.000,00 €
Reforma Total programa reforma 3.000,00 € 4.250,00 € 6.250,00 €
Equipamento Total programa equipamento (non aplica superficie) 6.000,00 € 6.000,00 € 6.000,00 €

Actuacións subvencionables para obradoiros artesáns

1. Liña de dixitalización comercial.

Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización, que son incompatibles e excluíntes entre si.

a) Programa e-commerce I (obradoiros artesáns sen páxina web).

b) Programa e-commerce II (obradoiros artesáns con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I)

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Sen empregados/as De 1 a 10 empregados/as
e-commerce I Implantación de páxina web sen venda en liña 690,00 € 670,00 €
Hardware (sistema TPV ou tableta) 690,00 € 1.000,00 €
Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida 690,00 € 1.000,00 €
Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 1.100,00 € 1.700,00 €
Total programa e-commerce I 3.340,00 € 4.540,00 €
Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña 1.100,00 € 1.100,00 €
e-commerce II Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 2.800,00 € 4.900,00 €
Loxística e-commerce 600,00 € 900,00 €
Xestor de redes sociais 450,00 € 900,00 €
Imaxe dixital 450,00 € 900,00 €
Total programa e-commerce II 5.400,00 € 8.700,00 €

2. Liña de innovación comercial.

a) Programa smart retail (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I e, de ser o caso, páxina web con venda en liña).

b) Programa visual merchandising (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I).

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Sen empregados/as De 11 a 250

empregados/as

Smart retail Etiquetaxe electrónica para lineais de venda 2.000,00 € 5.100,00 €
Sistemas de click and collect e lockers dixitais 3.000,00 € 4.250,00 €
Terminais de autopagamento para a clientela (self check out) 3.600,00 € 4.250,00 €
Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID 7.000,00 € 8.500,00 €
Software para a xestión loxística do e-commerce 1.400,00 € 1.700,00 €
Solucións de ciberseguridade 1.400,00 € 1.700,00 €
Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) 700,00 € 850,00 €
Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) 1.200,00 € 2.550,00 €
Aplicacións de realidade virtual e aumentada 1.200,00 € 2.550,00 €
Total programa smart retail 21.500,00 € 31.450,00 €
Visual

merchandising

Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela 6.100,00 € 7.200,00 €
Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela 3.500,00 € 4.200,00 €
Total programa visual merchandising 9.600,00 € 11.400,00 €

3. Liña de modernización comercial.

a) Programa eficiencia (obradoiros artesáns con tenda física): dirixido á mellora da eficiencia enerxética da tenda física.

b) Programa reforma (obradoiros artesáns con tenda física): dirixido á mellora da imaxe da tenda física.

c) Programa equipamento (obradoiros artesáns con ou sen tenda física): adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso.

A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa Actuación subvencionable Investimento máximo subvencionable
Ata 100 m2 de

superficie de

exposición e venda

De 101 a 200 m2

de superficie de

exposición e venda

De 201 a 300 m2

de superficie de

exposición e venda

Eficiencia Portas automáticas con sensores de proximidade 2.000,00 € 2.000,00 € 2.000,00 €
Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces 1.500,00 € 2.000,00 € 3.000,00 €
Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes 3.000,00 € 5.000,00 € 8.000,00 €
Total programa eficiencia 6.500,00 € 9.000,00 € 13.000,00 €
Reforma Total programa reforma 2.250,00 € 4.250,00 € 6.250,00 €
Equipamento Total programa equipamento (non aplica superficie) 6.000,00 € 6.000,00 € 6.000,00 €

Non se considerarán gastos subvencionables:

a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

b) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, cámaras fotográficas e terminais ou lectores de tpv, agás os establecidos no programa e-commerce I.

c) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.

d) A adquisición ou o arrendamento de maquinaria e equipamento necesario para o desenvolvemento das obras.

e) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.

f) Adquisición de materiais destinados á realización con medios propios de obras e instalacións.

g) Enxoval e obxectos de decoración e material non inventariable e cunha vida útil previsible inferior a un ano.

h) As obras de mellora e acondicionamento en almacéns ou en espazos non destinados á exposición e venda.

i) As actuacións de reparación, reposición ou mera conservación do establecemento, así como a adquisición de recambios e pezas.

j) Os proxectos, honorarios de arquitectos e directores de obra, taxas, licenzas, visados e autorizacións relativas ao proxecto.

k) Mantemento e instalación de sistemas de alarma e seguridade.

l) Obras de instalación ou mellora de illamentos térmicos e acústicos.

m) Adquisición de elementos que coincidan cos propios da actividade comercial da empresa, susceptibles de venda posterior.

n) Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa solicitante ou se dea un suposto análogo do cal poida derivar autofacturación.

o) Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática.

p) Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público, e a instalación de expositores de carácter temporal.

q) Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante.

r) Calquera outro investimento que non estea directamente vinculado coa realización da actuación subvencionable.

Prazo de solicitude: ata o 04/03/2024.

Tipoloxía: Axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido.

 

Enlace á normativa

 

Share.