Probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (TR306A)

0

Obxectivo: Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR306A) para o ano 2024.

Competencias clave que se convocan: Probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.

  • Comunicación en lingua castelá.

  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

  • Competencia matemática.

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, nesta  ligazón.

Requisitos de participación: As persoas que se queiran presentar a estas probas deben cumprir os dous seguintes requisitos:

  1. Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

  2. Non estar en posesión de ningún dos requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro).

Exencións e validacións ás probas de avaliación: Prevense exencións de realización da proba de galego e contémplanse validacións por teren superado estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan nesta Resolución.

Prazo de solicitude: ata o 10/02/2024.

Realización das probas de avaliación en competencias clave: O lugar e o horario de realización das probas de avaliación en competencias clave publicaranse nesta páxina web  da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Enlace á normativa

Share.