XVII FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO

0

San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan por un desenvolvemento baseado na sostenibilidade ambiental e social.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, planta e horta, maquinaria, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polos sendeiros do arboreto de especies autóctonas da Cortiña.

Entre as actividades paralelas cóntanse as visitas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos con prácticas de poda e enxertado, as degustacións de froitas e produtos do centro A Fusquenlla, o concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro, visitas ao colmear da Cortiña, exposición de rochas do Xeoparque, baixadas en kaiak polo Xubia, sorteos de lotes de produto de proximidade, música ao vivo coa charanga e as pandereteiras de Alxibeira e, por suposto,  o concurso de froita que se desenvolverá ao longo da mañá e no que cumprirá inscribirse o mesmo día.

Onde xantar
A feira disporá cun posto de comida, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, Mesón O Ferrador,  Os Cazadores (Santa Mariña do Monte). No caso dos locais hostaleiros convén reservar con tempo de antelación. Outra opción é vir de merenda e aproveitar as sombras do arboreto ou outros  recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA DA XVII FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO
29 de agosto de 2026, Leira da Cortiña (Google Maps

MAÑÁ

10:00h Apertura da Feira e exposicións: agroalimentación, artesanía, viveiros, maquinaria e segunda man. As solicitudes deberán presentarse no Concello ou na Sede Electrónica municipal antes das 23:59h do 16 de agosto. Descarga da folla de solicitudeas normas de participación e a folla da autoliquidación da taxa.

10:30 a 13:30h Concurso da froita autóctona:  Inscricións de lotes de froita para concurso de 10:30 a 11:30h na carpa principal. Agasallo dunha froiteira  do país só por participar. Descarga das bases do concurso.
– Premios: tres cestos de produto de proximidade valorados en 100 euros cada un.

10:00 a 14:00h Información do Xeoparque co xeólogo Fran Canosa

11:30h Visita guiada á horta de froiteiras con obradoiro de enxertado

11:30h Descensos en kaiak polo río Xubia

11:30h Obradoiro didáctico para familias: “En busca dos segredos da Cortiña”. 20 prazas por orde de inscrición

11:45h Pasarrúas coa Charanga e Pandereteiras do Grupo Alxibeira

12:00h a 14:00h Cata-degustación de froita autóctona

12:30h Visita guiada ao colmear didáctico

12:15h Charla: “Hortelando”, con Nuska Chousa

14:00h Entrega de premios do concurso da froita autóctona

14:15h Sorteo de lotes de produtos de proximidade

TARDE

16:30h XXXIX Concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro

16:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

17:00h Pasarrúas coa Charanga e Pandereteiras do Grupo Alxibeira

17:00h Obradoiro didáctico para familias: “En busca dos segredos da Cortiña”. 20 prazas por orde de inscrición

17:30 a 19:30h Cata-degustación de froita autóctona

17:30h Visita guiada á horta de froiteiras con obradoiro de poda de verán

18:15h Charla: “Hortelando”, con Nuska Chousa

18:30h Visita guiada ao colmear didáctico

19:45h Sorteo de lotes do concurso da froita

20:00h Sorteo de lotes de produtos de proximidade

20:15h Clausura da XVII Feira Rural

Exposicións e actividades paralelas durante toda a xornada:
– Froita autóctona da AGFA do Eume.
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente.
– Raza Can de Palleiro.
– Expositor do Concello: Información xeral sobre a feira, xunto con información turística: rutas, que ver, proxecto Terra de Vida e Xeoparque do Cabo Ortegal. O expositor tamén é o lugar de inscrición para as baixadas en kaiak, as visitas guiadas e os obradoiros infantís.

peweb feirarural

Share.