Ata o 10 de outubro: Bono Cultural Xove

0

O Estado abriu o prazo de solicitude do Bono Cultural Xove, para facilitar o acceso da mocidade á cultura, fomentar novos hábitos de consumo cultural e impulsar a participación activa dos mozos e mozas na creación artística e cultural. A axuda permite adquirir produtos, servizos e actividades culturais mediante unha tarxeta prepago persoal de 400 €.

Persoas beneficiarias: quen faga os 18 anos durante o ano 2026.

Modalidade 1 (reparto por categorías):

  •  Ata 200 € para artes en vivo e audiovisuais, patrimonio cultural e medios de creación artística: entradas para espectáculos, cine, museos, festivais, cursos culturais presenciais, instrumentos musicais, cámaras fotográficas, software creativo, etc.
  • Ata 100 € para produtos culturais en soporte físico: libros, revistas, prensa, videoxogos, vinilos, CD, DVD e Blu-ray.
  • Ata 100 € para consumo dixital: plataformas musicais, audiovisuais ou de lectura, audiolibros, libros electrónicos, música dixital, podcasts, videoxogos en liña e cursos culturais en liña.

Modalidade 2 (alternativa):

  • Ata 400 € nunha única categoría destinada a cursos e obradoiros culturais presenciais ou en liña, instrumentos musicais e medios de creación artística e material artístico.
  •  Non subvencionable: Artesanía, obra plástica e gráfica, material de papelería, libros de texto, equipos informáticos e electrónicos (agás software profesional creativo), espectáculos deportivos, moda, gastronomía e produtos pornográficos ou cualificados como X.

Execución: os gastos poden realizarse durante un prazo máximo de 1 ano desde a resolución de concesión.

Imputación do gasto: os gastos deben realizarse unha vez concedida a axuda e utilizando a tarxeta prepago do programa. Non ten carácter retroactivo.

Prazo de solicitude: ata o 31/10/2026.

Importe da axuda: 400 € por persoa beneficiaria.

Ligazóns:

https://bonoculturajoven.gob.es (solicitude exclusivamente electrónica)

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2026-21271

Share.