27 de novembro, proba en liña do CELGA 4

0

A Secretaría Xeral da Lingua convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4 no ano 2026. Hai 200 prazas dispoñibles, o dobre ca na primeira convocatoria en liña, e está dirixida a persoas maiores de dezaoito anos ou que os cumpran antes da data do exame, que será o 27 de novembro de 2026.

Para participar hai que presentar dúas solicitudes, en calquera orde: unha na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), mediante o formulario normalizado (anexo I), e outra na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal). A resolución publicouse no DOG do 15 de outubro de 2026 e o prazo de solicitudes é de dez días hábiles, polo que remata o 29 de outubro de 2026. Para realizar a proba é necesario un ordenador con cámara web, micrófono e altofalantes, e un teléfono móbil que sirva de segunda cámara de control.

Se hai máis solicitudes ca prazas, estas asignaranse por sorteo público o 4 de novembro de 2026, ás 11.00 horas, na sede da Secretaría Xeral da Lingua en Santiago de Compostela. As persoas seleccionadas disporán de cinco días naturais para pagar a taxa de 16,92 euros, da que están exentas as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Pódese consultar o texto completo da resolución no DOG núm. 196, do 15 de outubro de 2026, e máis información na páxina da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).

Share.