Obtención do certificado galego en competencias dixitais (ComDix) a realización dunha proba de certificación específica que permita demostrar ter os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias.
Datas e realización das probas e prazo de inscrición
| Nivel | Convocatoria | Días das probas | Horarios | Prazo de inscrición |
| Intermedio | Outubro | 7, 8 e 9 | 10:00 h 12:00 h 16:30 h |
Do 2 ao 11 de setembro |
| 14, 15 e 16 | 10:00 h 12:00 h 16:30 h |
|||
| Iniciación | Decembro | 2, 3 e 4 | 10:00 h 12:00 h 16:30 h |
Do 26 de outubro ao 4 de novembro |
Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) cunha antelación mínima dun mes respecto á data de inicio das probas. As probas realizaranse de maneira presencial nas aulas da Rede CeMIT. As localizacións de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros
Itinerario formativo: Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse á disposición das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel. En función do nivel correspondente, estarán dispoñibles as seguintes formacións:
| Nivel Iniciación |
| • Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais |
| • ComDix I: coñece a contorna dixital |
| • ComDix II: ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar |
| • ComDix III: tecnoloxías dixitais |
| • ComDix IV: participa na sociedade dixital |
| • ComDix V: crea contidos dixitais |
| • ComDix VI: atopa o benestar dixital |
| Nivel Intermedio |
| • ComDix I: afondando na contorna dixital |
| • ComDix II: aplicando estratexias de busca, verificación e organización da información |
| • ComDix III: comunicación e colaboración efectiva en contornos dixitais |
| • ComDix IV: cidadanía dixital: afondando na administración electrónica |
| • ComDix V: crea, actualiza e mellora contidos dixitais |
| • ComDix VI: promovendo a seguridade, o benestar e a inclusión dixital |
O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
Solicitudes de participación: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ter un mínimo de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. En cada convocatoria só se poderá presentar unha solicitude por persoa participante para unha aula, un día e unha hora.
Finalizados os prazos de presentación, publicarase na web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) a listaxe definitiva de persoas admitidas nas probas en cada localidade, día e hora, que incluirá a relación de persoas en reserva que finalmente obtiveron praza tras a renuncia daquelas seleccionadas provisionalmente.
Exención do pagamento de taxas de exame: A matriculación nesta convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.