Convocatorias para a obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

0

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos (ED540A)

Obxectivo: Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos correspondentes ao ano 2024.

Requisitos das persoas aspirantes

  • Ser maior de dezaoito anos ou facer esa idade no ano 2024.
  • Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2023/24, agás as persoas matriculadas durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
    1. Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
    2. Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Convocatorias

  1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.
  2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

Lugares de realización das probas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Prazo, forma e lugar de presentación de solicitudes de inscrición:

  1. Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
  2. Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

As solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente, entre outros, nos seguintes centros educativos:

  1. A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
  2. Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

Listaxes de persoas admitidas e excluídas e prazos de reclamacións: O día 6 de marzo (para a convocatoria de abril) e o día 30 de abril (para a convocatoria de xuño) de 2024 publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e nos taboleiros dos centros educativos relacionados as listaxes PROVISIONAIS de persoas admitidas e excluídas, diferenciadas para cada centro de realización da proba, con expresión das causas que motivaron a exclusión.

O día 15 de marzo (para a convocatoria de abril) e o día 14 de maio (para a convocatoria de xuño) de 2024 publicarase a listaxe DEFINITIVA das persoas admitidas e excluídas.

Cualificacións provisionais e reclamacións: Os días 24 de abril (para a convocatoria de abril) e 19 de xuño (para a convocatoria de xuño) de 2024 faranse públicas as cualificacións provisionais.

Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación mediante escrito motivado dirixido á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións.

Enlace á normativa e anexos

 

Share.