Axudas PEL-Emprende Investimento 2024

0

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.

Persoas beneficiarias: Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autonómas que desenvolvan unha actividade económica con ánimo de lucro, con domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes.

Condicionantes:

  • Compatibilidade con outras axudas do PEL: as subvencións PEL son compatibles entre si.

  • Compatibilidade con outras axudas da Deputación: as axudas PEL serán incompatibles con calquera outra axuda concedida por esta Deputación para o mesmo obxecto.

  • Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: as axudas PEL-Pemes serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos.

En ningún caso a suma das axudas recibidas para a mesma finalidade poderá ser superior ao custo do persoal subvencionado.

Actuacións subvencionables: aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s subvencionada/s dada/s de alta no Certificado de situación censual presentado no momento da solicitude e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:

Conta

Descrición da conta

206

Aplicacións informáticas

Nesta conta considerarase exclusivamente o importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.

213

Maquinaria

Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos.

216

Mobiliario

Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.

217

Equipos para procesos de información

Computadores e demais conxuntos electrónicos.

Con carácter xeral, quedan expresamente excluídas en todos os conceptos contables as instalacións, os mantementos, portes, obras, reformas, reparacións, cubertas, carpas, alugueres, rotulacións, instalacións técnicas de climatización, iluminación ou telecomunicacións, páxinas web, hosting, dominios, mantementos das aplicacións informáticas, fundas de elementos subvencionables, protectores de pantalla, subscricións anuais, canóns, elementos de transporte, material funxible, prendas textís, artigos de decoración, espellos, televisores, reloxos intelixentes, elementos de iluminación, aparellos de climatización, sistemas de seguridade, telefonía, teléfonos móbiles e routers.

Ha de tratarse de investimentos en elementos novos, directamente relacionados coa actividade, non suntuarios e con prezos adaptados aos prezos do mercado, non cedidos a terceiros, con ou sen contraprestación e que non sexan fabricados pola empresa solicitante nin por unha terceira vinculada á mesma, nin por socios/as, administradores/as, nin membros da xunta directiva, ou ex-socios, ex-administradores ou ex-membros da xunta directiva durante os 2 anos seguintes ao seu cesamento. Tampouco poderán ser utilizados para a venda ou calquera outro negocio xurídico.

No caso de aplicacións informáticas, so serán subvencionables aquelas que acrediten o seu carácter permanente ou unha duración mínima de dous anos, aínda que so serán subvencionables os gastos correspondentes a anualidade 2024, quedando excluídas as cotas mensuais.

Os investimentos subvencionables serán aqueles realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

Prazo de solicitude: desde as 08:00h do 22/01/2024 ás 14:00h do 22/02/2024

Tipoloxía: axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido.

Cantidade: No caso de ordenadores, o importe máximo imputable por ordenador será 2.000 euros sen IVE incluídos os periféricos. No caso de táblets, o importe máximo imputable por tablet será 500 euros máximo sen IVEAs entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto* de 3.500,00 € e un máximo de 25.000,00 €, do cal poderán solicitar, como máximo, o 70%.

*(No orzamento do gasto se considerará excluído o IVE no caso de que sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade)

Enlace á normativa.

Share.