Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3.2 PEL-Pemes mantemento 2024)

0

A finalidade das axudas é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas que foron contratadas con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023).

Persoas beneficiarias: Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas beneficiarios/as da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou a transformaron a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2024.

Condicionantes

  • Compatibilidade con outras axudas do PEL: as subvencións PEL son compatibles entre si.

  • Compatibilidade con outras axudas da Deputación: as axudas PEL serán incompatibles con calquera outra axuda concedida por esta Deputación para o mesmo obxecto.

  • Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: as axudas PEL-Pemes serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos.

En ningún caso a suma das axudas recibidas para a mesma finalidade poderá ser superior ao custo do persoal subvencionado.

Actuacións subvencionables: custos de mantemento no ano 2024 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que foi creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de PEL-Pemes Mantemento 2024.

Os conceptos de gasto subvencionables nesta liña de axudas son os seguintes:

Conta

Descrición da conta, segundo o Plan xeral de contabilidade

640

Soldos e salarios

642

Seguridade Social a cargo da entidade

649

Outros gastos sociais

O período subvencionable será de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2024), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social a cargo da entidade correspondente aos meses do mantemento da contratación durante os 12 meses incluídos dentro da anualidade 2024.

Prazo de solicitude: desde as 08:00h do 22/01/2024 ás 14:00h do 22/02/2024

Tipoloxía: Axudas en réxime de concorrencia competitiva a fondo perdido.

Cantidade: Cada empresa poderá solicitar a subvención para o mantemento do posto de traballo indefinido durante un período de 12 meses na anualidade 2024 por un importe máximo do 50% dos custes estimados do mantemento da contratación.

  • Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional): Mínimo: 1.000 € – Máximo: 11.000 €

  • Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa: Mínimo: 1.000 € – Máximo: 10.000 €

A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación cos límites de 11.000 € (colectivo vulnerable) e 10.000 € (colectivo non vulnerable) para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.

Enlace á normativa

Share.