A finalidade destas axudas á contratación é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.
Persoas beneficiarias: Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
Condicionantes
-
Compatibilidade con outras axudas do PEL: as subvencións PEL son compatibles entre si.
-
Compatibilidade con outras axudas da Deputación: as axudas PEL serán incompatibles con calquera outra axuda concedida por esta Deputación para o mesmo obxecto.
-
Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: as axudas PEL-Pemes serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos.
En ningún caso a suma das axudas recibidas para a mesma finalidade poderá ser superior ao custo do persoal subvencionado.
Actuacións subvencionables: custes salariais e de seguridade social da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2024.
Os conceptos de gastos subvencionables nesta liña de axudas son os seguintes:
Conta |
Descrición da conta, segundo o Plan xeral de contabilidade |
640 |
Soldos e salarios |
642 |
Seguridade Social a cargo da entidade |
649 |
Outros gastos sociais |
Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas empresariais á Seguridade Social, así como outros gastos sociais relativos á prestación por Incapacidade Temporal (IT) e os derivados das situacións de permiso de maternidade/paternidade a cargo do empresario/a.
Exclúense destas axudas os seguintes supostos:
-
Quedan excluídos destas axudas e non serán subvencionados os contratos fixos- descontinuos.
-
As contratacións realizadas con traballadores/as que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou «única empresa» mediante un contrato indefinido ou temporal.
-
Isto tamén será de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do/a traballador/a con empresas que se transformaron ou que sexan continuidade de persoas autónomas e das cales proveña a entidade solicitante da axuda.
-
No suposto de traballadores/as que prestasen o seu servizo a través da modalidade de contrato de formación ou convenio de prácticas non se aplicará a exclusión anterior.
-
As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores).
-
As contratacións de traballadores/as para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición realizados con empresas de traballo temporal.
Prazos de solicitude: desde as 08:00h do 22/01/2024 ás 14:00h do 22/02/2024
Tipoloxía: axudas en réxime de concorrencia competitiva e a fondo perdido.
Cantidade: ata o 70% do orzamento de gastos co límite de 15.000,00 € para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.