Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios para o ano 2024 (MR443A)

0

Obxectivo: O fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros
agrarios combinados para o exercicio 2024.

Persoas beneficiarias: Axudas en forma directa aos agricultores/as, das que poderán beneficiarse as aseguradas e asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2024 e liñas gandeiras dos plans 2023 e 2024, formalizadas en 2024. Tamén poderán beneficiarse das axudas outorgadas nesta orde as persoas titulares de explotacións de acuicultura continental.

Actuacións subvencionables e cantidades:

a) A subvención conxunta entre Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder os límites xenéricos seguintes:

1º. Para as liñas de seguros agrícolas e gandeiras (anexo I) establécese un límite do 75 % do custo da prima comercial base neta.
2º. Para as liñas de seguros de explotacións acuícolas (anexo II) establécese un límite do 65 % do custo da prima comercial base neta.
3º. Cando ao aplicar as subvencións correspondentes de Enesa e da Consellería do Medio Rural, a cantidade total resultante nunha póliza alcance unha porcentaxe superior ao referido límite do 75 % sobre a
prima comercial base neta será reducido, en primeiro lugar, o importe de subvencións concedidas pola Consellería do Medio Rural e, a continuación, de ser necesario, o da Administración xeral do Estado.

b) No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o límite xenérico do 100 % do custo da prima comercial base neta, no que respecta á retirada de gando morto, e do 75 % do custo da prima comercial base neta, no tocante á destrución do devandito gando.

Prazos: Nos anexos I, II e III da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios. (NOTA: ver a orde en función da produción asegurable e liñas de seguro) A formalización da correspondente póliza ou contrato de seguro pola persoa asegurada considerarase solicitude de axuda.

No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terá a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade.

O importe da axuda que corresponda á Consellería do Medio Rural deducirase do importe da prima que aboen o tomador ou o asegurado no momento da subscrición da póliza. As cantidades así descontadas pagarallas a Consellería a Agroseguro.
Ligazón á normativa.

Share.