Axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre para o ano 2024 (MT809D)

0

Axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies.

Persoas beneficiarias:

  1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e osoPoderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

  1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo osoPoderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas asentadas en concellos zona oseira e área de influencia (anexo III: NON está incluído nesta zona San Sadurniño)

  1. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabarilAs persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final. As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

Condicionantes: As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables:

  1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición e manutención de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.

  2. Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

  3. Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

Non será obxecto de subvención: O imposto sobre o valor engadido (IVE). O transporte dos materiais, a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos, dos cerrumes de malla electrificada e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

Adquisición de cans protectores e defensores do gando

  • Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pirineo e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación.

  • Será subvencionable o gasto de manutención dos cans protectores e defensores do gando que estean inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) a nome do solicitante no momento de presentación da solicitude.

  • Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación.

  • O importe máximo das axudas para a adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación, non excederá os 300 € por can e, no caso de gastos de mantemento, os 200 € por can.

Adquisición de pastores eléctricos

  • As axudas poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por explotación.

  • A contía máxima da axuda por explotación será de 600 €.

  • O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 € por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 € por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

O número de pastores eléctricos que poderá subvencionarse por explotación gandeira ou agraria asignarase de acordo co seguinte:

  1. Explotacións gandeiras de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, e equino, en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

Núm. de reses de gando menor*

Núm. de reses de gando maior*

Núm. de pastores eléctricos

De 1 a 50

De 1 a 20

1

De 51 a 100

De 21 a 50

2

Máis de 100

Máis de 50

3

*Para os efectos desta axuda considérase:

Gando maior: gando bovino, equino e asnal

Gando menor: gando ovino, cabrún e porcino

  1. Explotacións apícolas, en función do número de asentamentos con que conte a explotación

Núm. de asenstamento apicolas

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 4

1

De 4 ata 10

2

Máis de 10

3

  1. Explotacións agrarias, en función da superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2023.

Superficie admisible declarada (hectáreas)

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 10

1

De 11 ata 20

2

Máis de 20

3

  1. Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.

Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada

  • As mallas terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.

  • As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído.

  • A contía máxima da dita axuda será de 100 € por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Prazo de solicitude: ata o 19/02/2024.

Tipoloxía: Axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido.

Enlace á normativa

Share.