Axudas para a obtención dos carnés de conducir B, C e D para a mocidade

0

Convocatoria dirixida a facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Non estar traballando por conta propia nin allea.
d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Gasto subvencionable: O importe subvencionable será a suma a prezo global de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

Prazo de solicitude: ata o 30/09/2024.

Tipoloxía: axudas a fondo perdido e sen concorrencia competitiva.

Cantidade: Os importes de axuda para a obtención do permiso de condución dependen do tipo de permiso:
400 euros – Clase B
650 euros – Clase C
1.300 euros – Clase D

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos obxecto da orde.

Enlace á normativa

Share.