Até o 9 de febreiro: Axudas para instalacións de valados por causa do lobo

0

Axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo (MT809F)

Obxectivo: Axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie, e realizar a súa convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando, ovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Condicionantes: As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables: A adquisición e instalación de valados fixos cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.

NON será obxecto de subvención:

  • O imposto sobre o valor engadido (IVE).
  • O transporte dos materiais, a man de obra para a instalación dos valados fixos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Prazos: ata o 09/02/2024.

Tipoloxía: Concorrencia competitiva e a fondo perdido

Cantidade

1. Valados fixos electrificados: Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 15 e 30 reses de gando menor ou de entre 5 e 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número de ditas reses. O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal, ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.

2. Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica: Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de gando menor ou entre 10 e 20 reses de gando maior, e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses. O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal, ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.

Enlace á normativa

 

Share.