Até o 9 de febreiro: Axudas para contratar coidadores/as do gando contra o lobo

0

Axudas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo para o ano 2024 (MT809G)

Obxectivo: Axudas para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras para pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo e para o mantemento de postos de traballo indefinidos creados ao abeiro das liñas de axudas concedidas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías no ano 2023.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Condicionantes

  • As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • O pastoreo exercerase sobre as reses da explotación gandeira e nos terreos destinados ao pastoreo do gando da persoa beneficiaria.
  • Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores.
  • Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades de pastoreo para as cales se solicita a subvención.

Actuacións subvencionables

Será actividade subvencionable o investimento para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, como elemento preventivo dos danos que poida, ocasionar o lobo.

Poderán acollerse a estas axudas:

1º. Liña para os contratos en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2024 ata o 30 de novembro de 2024.

2º. Liña para o mantemento, desde o 1 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2024, do posto de traballo indefinido creado ao abeiro das liñas de axudas concedidas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo no ano 2023.

Prazos: ata o 09/02/2024.

Tipoloxía: Concorrencia competitiva e a fondo perdido

 

Cantidade

  • A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 18.000 euros de axuda por persoa beneficiaria.
  • Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa. Nos casos dunha duración inferior ao mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación, cun límite de 9 €/hora efectivamente traballada.

Enlace á normativa

 

Share.