Até o 8 de febreiro: Axudas á Apicultura

0

Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (MR506A e MR506B)

Obxectivo: Axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas para o ano 2024.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, así como as agrupacións de apicultores/as, na medida que os seus socios ou asociados.

Actuacións subvencionables

Tipos de intervención:

  1. Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.

A esta intervención só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas, Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS) e asociacións de apicultores/as, con personalidade xurídica propia, na medida que os seus integrantes cumpran os requisitos recollidos no artigo 4 para ser beneficiarios, no sucesivo, agrupacións de apicultores/as (procedemento MR506B).

Acción 1.1. Contratación directa de técnicos e especialistas para información e asistencia a apicultores/as e a membros de agrupacións de apicultores/as en aspectos de sanidade apícola, loita contra agresións da colmea, análise de laboratorio, cría e selección, optimización ambiental de explotacións e asesoramento global en produción e xestión apícola, sobre prácticas de manexo en materia de adaptación ao cambio climático e en materia de comercialización dos produtos apícolas. A contratación destes servizos poderá facerse tamén a través de asistencias técnicas con terceiros.

A axuda para a contratación de persoal técnico poderá ser de ata o 90 % do seu custo,

cunha limitación de 30.000 euros por técnico e para un período de traballo de 12 meses a xornada completa, e o importe total non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente agrupación de apicultores/as.

O importe máximo da axuda nesta acción por agrupación de apicultores/as non superará os 60.000 euros.

Acción 1.2. Organización, celebración e asistencia a cursos de formación e formación continuada, incluíndo a formación online, especialmente sobre as materias indicadas no punto anterior, para apicultores/as, persoal técnico e especialista de agrupacións e asociacións de apicultores/as, así como para o persoal de laboratorios apícolas de agrupacións e asociacións de apicultores/as, incluíndo as viaxes para atender cursos de formación in situ.

Poderá subvencionarse ata o 60 % do seu custo e cun importe máximo de axuda por agrupación de 5.000 euros.

Serán subvencionables os seguintes gastos:

  • Custos de xestión e organización.
  • Gastos de profesorado.
  • Material didáctico.
  • Alugueiro de locais.
  • Gastos de desprazamento e manutención do persoal docente
  • Custos de equipo directamente vinculados á actividade formativa. Neste epígrafe entrará o custo das plataformas dixitais para a formación e medios para o desenvolvemento da formación.

NON serán subvencionables:

  • As comidas dos participantes nas accións formativas.
  • A adquisición de material inventariable.

Acción 1.3. Medios de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos.

Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo cun importe máximo de axuda por agrupación de 5.000 euros.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Acción 1.4. Contratación de persoal administrativo.

Contratación de persoal administrativo para Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS) Apícola e agrupacións de apicultores/as, incluíndo tanto a súa contratación directa, como a dos seus servizos especializados a través de terceiros. Máximo unha persoa auxiliar por ADS/agrupación. Esta acción estará supeditada a que se cubran as necesidades financeiras para atender primeiro a acción 1.1.

Poderá subvencionarse ata o 90 % do custo da contratación de 1 persoa como administrativa, cun máximo de 0,5 euros por colmea rexistrada na correspondente agrupación de apicultores/as e sen superar os 15.000 euros por beneficiario para un período de traballo de 12 meses a xornada completa.

II) Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións.

Intervención 2.1. Loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas, en particular a varroose.

Acción 2.1.1. Tratamentos contra varroose, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, seleccionados e aplicados con base na correspondente prescrición veterinaria (no caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme ás indicacións recollidas na ficha técnica do devandito produto), ata un custo máximo de 2,5 €/colmea. O devandito custo será revisado anualmente.

Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Acción 2.1.2. Tratamentos contra varroose, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que sexan compatibles coa apicultura ecolóxica seleccionados e aplicados con base en a correspondente prescrición veterinaria (no caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme ás indicacións recollidas na ficha técnica do devandito produto.

Poderá subvencionarse ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 5 euros por colmea que sexa obxecto dalgún tipo de tratamento, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Acción 2.1.3. Produtos para incrementar a vitalidade das colmeas en estados de risco para a supervivencia da colonia, ligados a factores sanitarios e climáticos.

Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, co límite de 6 euros por colmea.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Acción 2.1.4. Renovación e acondicionamento de cera (incluíndo equipos e cámaras de refrixeración para manter en bo estado os cadros de cría).

Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo, co límite de 5 euros por colmea.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Acción 2.1.5. Adquisición de trampas, atraentes, equipos de protección individual e calquera outra medida aprobada pola autoridade competente para a captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina (fondos sanitarios, reixas excluíntes, sistemas de protección mediante redes, etc.), así como para outras especies exóticas invasoras.

Trampas e atraente. Ata o 100 % do custo das trampas e do atraente necesario para un período de catro meses, segundo as recomendacións do fabricante, cun límite máximo de 5 euros por trampa, e 12 euros polo atraente que necesita cada trampa.

Equipos de protección individual e outras medidas de captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina e outras especies exóticas invasoras.

Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo, cun límite máximo de 3 € por colmea.

Nos dous casos NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución

Acción 2.1.8. Sistemas de xestión colectiva de residuos de medicamentos por parte de agrupacións de apicultores/as.

Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.

Intervención 2.2. Previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e fomentar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas condicións climáticas cambiantes.

Acción 2.2.1. Estudos que inclúan exemplos prácticos do manexo e xestión nas explotacións apícolas. 

Acción 2.2.2. Gastos de investimento en equipamento que permita a adaptación a fenómenos climáticos adversos e 4cción4ón climáticas cambiantes na explotación apícola.

Para as dúas 4cción, poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

Intervención 2.3. Repoboar as colmeas na Unión Europea, en particular mediante a cría de abellas.

Acción 2.3.1. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Acción 2.3.2. Adquisición de raíñas (tanto fecundadas como sen fecundar) e enxames, de especies e subespecies non alóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da acción anterior.

Para ambas accións poderá subvencionarse ata o 70 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 € por colmea.

NON son subvencionables os gastos de loxística e distribución.

Intervención 2.4. Racionalización da transhumancia.

Acción 2.4.1. Adquisición, conservación, e mellora da maquinaria e os equipos necesarios para a manipulación das colmeas e facilitar a transhumancia.

NON será subvencionable ningún tipo de medio de transporte, especificamente os vehículos de motor, as súas pezas e o mantemento, así como o combustible.

Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.

Intervención 2.5. Investimentos en activos tanxibles e intanxibles.

Acción 2.5.1. Investimentos e accións destinadas á mellora da produtividade e do rendemento das colmeas: útiles, equipos, sistemas de manexo e cambio de colmeas, sistemas móbiles de extracción do mel e/ou produtos apícolas.

Acción 2.5.2. Investimentos para a mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas, que poderán incluír especies florais beneficiosas para a actividade das abellas melíferas e outros polinizadores.

Acción 2.5.3. Software e equipos para monitorización de colmeas (control do peso, humidade, temperatura interna, son…) xestión de explotacións (rexistro de medicamentos, rexistro de movementos, etc.), incluída electrificación por paneis solares unicamente para dar servizo aos equipos descritos no seu caso, e gastos de transmisión de datos.

Acción 2.5.4. Cota do seguro de responsabilidade civil das colmeas. Inclúe as cotas do seguro obrigatorio para ser persoa beneficiaria da axuda.

Acción 2.5.5. Sistemas de protección, vixilancia antirroubo (incluíndo sistema de videovixilancia) ou de xeolocalización das colmeas.

Acción 2.5.6. Equipos de envasado e etiquetaxe e equipos destinados a mellorar a calidade, o uso e a comercialización do mel, pole, cera e própoles.

Para todas as accións da Intervención 2.5 poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo. No caso da acción 2.5.4 aplícase ademais un límite de 0,5 euros por colmea asegurada.

III) Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios no análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.

Acción 3.1. Contratación de servizos de análise do mel e produtos apícolas por apicultores/ as e agrupacións de apicultores/as, que se realicen en laboratorios acreditados pola norma ISO 17025.

Acción 3.3. Adquisición de equipos, kits e outro material para análise do mel e outros produtos apícolas.

Acción 3.4. Contratación de servizos de análise de abellas e outras matrices das colmeas para detección de praguicidas por apicultores/as e agrupacións de apicultores/as, que se realicen en laboratorios acreditados pola norma ISO 17025.

Acción 3.5. Contratación de servizos de análise das abellas e os seus produtos relacionados co estado sanitario das colmeas, incluídos os gastos de recollida, envío e análise das mostras. Os laboratorios contratados deberán estar acreditados pola norma ISO 17025.

Para todas as accións da Intervención 3 poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

IV) Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.

Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/ as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.

Acción 6.1. Realización de estudos de viabilidade económica e/ou de custos de produción das explotacións apícolas.

Acción 6.2. Realización de estudos de mercado ou elaboración de proxectos piloto sobre novos produtos apícolas e/ou novas formas de presentación.

Acción 6.3. Sistemas de seguimento de mercado dos produtos apícolas e da súa comercialización.

Acción 6.4. Actividades de información e promoción do consumo do mel e produtos apícolas.

Acción 6.5. Gastos en materia de comercialización para agrupacións de apicultores/as.

V) Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/ as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.

Acción 7.1. Accións de promoción, creación e mantemento, incluíndo, no seu caso, os gastos de certificación, de figuras e normas de calidade dos produtos apícolas por parte das agrupacións de apicultores/as.

Acción 7.2. Outro tipo de gastos relacionados coa adopción de figuras de calidade por parte das agrupacións de produtores/as.

En relación ás actuacións das accións 7.1 e 7.2 só serán subvencionables para a súa implantación por primeira vez.

Acción 7.3. Seguimento da cadea de calidade dos meles no mercado.

Para todas as accións da Intervención 7 poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes teñen inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), segundo a declaración censual anual obrigatoria correspondente ao ano 2023, realizada con data de referencia do 31 de decembro, antes do 1 de marzo de 2024.

Os gastos e investimentos obxecto da axuda, deberán realizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos inclusive, período de duración dunha campaña apícola.

O importe de axuda solicitado para aquelas accións que supoñan a contratación de persoal compre ter en conta o seguinte:

O importe subvencionable corresponderá aos custos salariais, máis a cota empresarial de cotización á Seguridade Social.

Exclúense as retribucións percibidas pola persoa traballadora en concepto de prestacións sociais por incapacidade temporal, indemnizacións por despedimento, e indemnizacións por traslados ou por finalización de contrato, así como todas as partidas que non estean recollidas expresamente no convenio regulador específico da súa categoría laboral.

Prazos: Solicitude ata o 08/02/2024.

Tipoloxía: Concorrencia competitiva. Fondo perdido

Ligazón á normativa

 

Share.