Ata o 29 de novembro: Compensacións complementarias e axudas á reposición de animais sacrificados

0

Axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades (MR553A, MR553B e MR550A)

Obxectivo: Axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies.

Persoas e entidades beneficiarias: Das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

Das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Condicionantes: O réxime de axudas de Estado regulado nesta orde será compatible con calquera outra axuda que se poida obter das distintas administracións (da UE, internacionais, nacionais, autonómicas) para a mesma finalidade, sempre e cando a contía en concorrencia de todas elas non supere a intensidade máxima da axuda.

Prazos: ata o día 29/11/2024.

Tipoloxía: non son de concorrencia competitiva. Axudas a fondo perdido. 

Contía das compensacións complementarias: será determinada con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións, tendo en conta o período de inactividade da explotación desde o día seguinte a aquel en que sexa efectivo o seu baleiro sanitario (a data real do baleiro é a data de sacrificio do último animal que saíu da explotación), e que fose ordenado pola autoridade competente.

Contías das axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición: calcularase en función do importe medio percibido por animal sacrificado entre o número total de animais sacrificados considerados para a axuda. Tamén variará en función do tipo de gando.

Enlace á normativa

 

Share.