Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión para o ano 2024 (IN421H e IN421P)

0

Subvencionaranse proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Nesta convocatoria xestionaranse as solicitudes para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, en ámbitos non urbanos (IN421P), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN421H).
Persoas beneficiarias: As persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños.

Actuacións subvencionables
 Caldeiras de biomasa
 Bombas de calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia)
 Solar térmica

Serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas), o custo do sistema de almacenamento do combustible e o custo do sistema de alimentación do combustible.

b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo de montaxe e conexionado.
d) No caso da enerxía xeotérmica e hidrotermia, o sistema de captación do recurso, sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubos, etc.
NON SON SUBVENCIONABLES:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
c) As obras de mantemento
d) A obra civil non asociada á instalación dos equipos.
e) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores,
salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.
f) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a
aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter
no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazos:
 O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 16/02/2024 e rematará o 21/03/2024 ou cando se esgoten os fondos.
 O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras rematará o 29/02/2024.

Tipoloxía: Axudas en concorrencia competitiva e a fondo perdido

Cantidade:
 A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
 Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda, de acordo cos seguintes tipos de tecnoloxía utilizada:

Biomasa: 8.000€
Xeotermia: 10.000€
Aerotermia/hidrotermia: 2.500€
Solar térmica: 2.000€

En proxectos multivivenda a axuda máxima por proxecto será de 40.000€. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Enlace á normativa

Share.