Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que para o ano 2024 (IN421N e IN421O)

0

Subvencións para proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.

Nesta convocatoria xestionaranse as solicitudes para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, en ámbitos non urbanos (IN421O), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN421N).

Persoas beneficiarias: As persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños.

Investimentos subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías de litio.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo da montaxe e o conexionado e a dirección de obra.
e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
Os proxectos deberán incorporar paneis fotovoltaicos e inversor.

NON SON SUBVENCIONABLES:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
c) Equipamento e materiais de segunda man.
d) As obras de mantemento e os gastos de alugamento.
e) As taxas e licenzas administrativas.

Prazos
 O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o
16/02/2024 e rematará o 21/03/2024 ou cando se esgoten os fondos.
 O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades
colaboradoras rematará o 29/02/2024.

Tipoloxía: axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido

Cantidade:
 A intensidade da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os custos elixibles recollidos nestas bases reguladoras.
 Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 2.000 €.
 A contía máxima por proxecto multivivenda será de 25.000 €.

Enlace á normativa

Share.