Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2024 (TR880A)

0

Axudas orientadas a facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade a través do apoio ao financiamento do investimento. Dirixidas a persoas traballadoras autónomas, mutualistas e pequenas e medianas empresas

Actuacións subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.

En concreto:

1) Equipamento informático.

2) Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.

3) Investimentos en eficiencia enerxética.

4) Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.

5) Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.

6) Gastos notariais e/ou rexistrais.

7) Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.

8) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran determinados requisitos.

A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria.

3. Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 30 de setembro de 2023 ata a data da presentación da solicitude.

4. O investimento en bens inscritibles nun rexistro público terá que ser mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, durante os 5 anos seguintes á data do pagamento final á persoa beneficiaria, e o resto do investimento, durante 2 anos desde a devandita data.

5. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia.

6. Non serán subvencionables o IVE e outros impostos.

7. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a persoas terceiras.

8. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades.

9. En ningún caso o custo dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao

valor de mercado.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 12/02/2024 e estará aberto ata o 28/06/2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Tipoloxía: axudas a fondo perdido e sen concorrencia competitiva.

 

Cantidade: A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.

b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.

c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.

d) Con inversións de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.

Ligazón á normativa

 

Share.