“Pegadas dun pasado – As escolas”, cita coa memoria do ensino

0
Onte á tardiña inaugurouse oficialmente a exposición “Pegadas dun pasado – As escolas”, que moitas persoas xa visitaron na Casa do Concello (e podeden seguir facéndoo até fin de mes), na que se repasa en imaxes o ensino no noso concello anterior a 1973, ano en que se inaugurou o colexio público de San Sadurniño e momento no que comezaba a aplicación práctica da EXB no territorio. Da época anterior xuntáronse medio cento de imaxes cedidas por veciñas e veciños que remexeron nos caixóns para compartir anacos de historia a raíz dos cales, este martes, houbo moitos recordos, contos e narracións vívidas e vividas de como era antano iso de ir á escola. No pequeno evento celebrado no patio do pazo tamén se sortearon as dúas tabletas e os dous portátiles reservados pola Concellaría de Cultura para premiar a participación nesta exposición organizada co gallo do Día Internacional da Fotografía. Os agasallos foron parar a Aldara Sande e Catalina Rodríguez no apartado de infantil e mocidade, e a Martina Alves e Leonor Sixto no apartado de persoas adultas.
A cita abriuna a concelleira de Cultura, Amparo Calvo,  recordando que a exposición naceu como escusa para celebrar o Día Internacional da Fotografía “a oitava arte, capaz de transportarnos no tempo ou no espazo” e, sobre todo,  como continuación da mostra protagonizada hai uns meses polo fotoxornalista coruñés Xosé Castro, Pepucho.
Xosé Castro foi discípulo doutro grande fotógrafo, Alberto Martí, quen en abril de 1960 recolleu imaxes das dúas escolas construidas un ano antes na Avenida Marqués de Figueroa. A recuperación desas imaxes foi “motivo suficiente” para que no departamento de Cultura saltase a idea para tirar por esta temática na segunda edición de “Pegadas dun pasado”, convidando a que a veciñanza buscase nos seus álbums instantáneas das escolas das sete parroquias antes da construción do novo grupo escolar, inaugurado trece anos despois.

DSC05235-web1282x1921U60

 

“Nos case 50 anos de resumo vemos como vestían as relixiosas do “Convento” (o colexio e casa das relixiosas de Cristo Rei que hoxe é sede municipal), que tipo de fotos eran típicas dunha escola, como eran os edificios escolares, cantas casas particulares facían esa función… cando a cativería andaba en zocas, esas excursións  escasas pero que se tiñan que facer eternas no desprazamento, e moitísimas máis historias que cada imaxe nos debuxa e cada persoa que nela aparece nos pode contar”, introduciu Amparo Calvo.

Porén, a inauguración da exposición -que tivo que adiarse unha semana, saíndo do propio Día Internacional da Fotografía- foi un exercicio de memoria en si mesma. Igual que fixera na estrea da mostra de Pepucho, Calvo foi animando ao público asistente de maior idade -e participante na exposición- a que contase anécdotas.
DSC05261-web1441x1921U60Vitucho Rico lembrou que no colexio das monxas había unha relixiosa, “a Madre María Elisa”, que tiña por costume pechar as fiestras ás dúas da tarde ao tempo que dicía: “ahora niños, vamos todos a dormir”. “E tiñamos que durmir alí debruzados sobre as mesas, supoño que porque ela, a pobre, tamén quería botar unha toqueada. Despois abría as fiestras e continuaba a clase”.
Pola súa banda, Chunando Sixto rememorou o campionato de coñecementos relixiosos que emulaba o famoso concurso televisivo “Cesta e Puntos”. “Había unha preselección polas parroquias e despois celebrábase o campionato. Eu recordo ter participado polo menos nun -entre San Sadurniño e Santa Mariña, no que gañou a rapazada desta última parroquia- e, cando foi aquí, celebrouse no salón de Vizoso totalmente ‘petado’ de xente”.
O premio era unha estadía dunha semanDSC05272-web1080x1920U60a en Viveiro ou “na casa do Ferrolano”, preto da praia de Pantín. En certa ocasión, tal e como lembra Chunando, “estabamos bañándonos e a un dos nenos levouno a corrente mar adentro. Cando nos decatamos, a monxa que estaba con nós sacou a toca e empezou a facerlle sinais a un barco que estaba moi lonxe, pero nada. Gracias que se tirou un rapaciño amarrado pola cintura e salvouno”. “Tamén había concursos de canto. José Ramón o de Rayma gañouno unha vez cantando o “Madrecita María del Carmen”.
Entre as lembranzas tamén houbo referenzas aos primorosos cuadernos de estudo de Mundo Sanjurjo -expostos á entrada da galería- dignos de ver polo seu detalle e o coidado que lle puña á caligrafía e o debuxo. “Iamos á escola pola mañá e pola tarde. Pola mañá era matemáticas, xeografía, historia… e pola tarde todo era escritura e traballos manuais”.
DSC05288-web1920x1440U60
A este respecto, Camila López, de Santa Mariña, fixo un inciso comentando que “os profesores daquela tamén se relaxaban… eu acórdome de pasar unha hora pintando rótulos nada mais”. López recordou como finalizou para ela a etapa escolar. No cambio do ano 70 cara á EXB Camila quedou a medio camiño entre o sistema anterior da Lei de Ensinanza Media do 53 e o novo modelo. Rematou oitavo en Primaria e para continuar estudando tiña que superar as probas de acceso ao terceiro do bacharel “para as que non tiña base, porque pedían idiomas e outras cosas”, ou ben perder anos facendo os cursos correspondentes do novo sistema educativo. Entón, lamenta Camila, “quedei mangada”.
Amparo Calvo, nunha paréntese da tertulia, precisou que “había diferencias entre as escolas das parroquias e as de San Sadurniño. Aquí estaba todo xunto e chegábase a pé, pero nas parroquias a dispersión obrigaba a ter máis escolas. Primeiro eran casas particulares e despois a veciñanza plantouse e reclamou que se fixeran unitarias onde facían falla”. Por suposto, nos primeiros anos do franquismo, máis orientadas aos nenos que as nenas.

DSC05266-web1280x1920U60Ao encontro deste martes tamén acudiron, entre outras persoas, Leonor Sixto -quen descubriu o segredo de que Mundo Sanjurjo odia as fabas desde os tempos do colexio- e Carmiña dos Pantís e Carmiña da Laxe, de Lamas.

A primeira asegurou que ela non fora á escola, mentres que a segunda evocou como recordo máis vivo o dun rapaz moi fedello “que non estudaba nada” e que botaba o día retrasando ao resto. “Acórdome que a maestra o acabou amarrando á pata da mesa para que estivese quieto”, asegurou.

“Pegadas dun pasado – As escolas” aberta o sábado da Feira Rural
Entre lembranzas, contos e risas,  a inauguración da exposición prolongouse durante case unha hora de conversa animada. Nese tempo intercaláronse os sorteos dos dous ordenadores portátiles e das dúas tabletas cos que o Concello quixo incentivar a participación na mostra, que ao cabo xuntou máis de medio cento de fotografías.

No apartado de infancia e mocidade as premiadas foron Aldara Sande e Catalina Rodríguez, mentres que no de persoas adultas -dúas tabletas- os premios foron parar a Martina Alves e a unha Leonor Sixto sorprendidísima e agradecidísima polo agasallo.

A exposición “Pegadas dun pasado – As escolas” abriu as súas portas na Galería do Concello o pasado 9 de agosto e pode visitarse até finais de mes nos horarios de atención ao público das oficinas municipais. Porén, este sábado con motivo da Feira Rural tamén permanecerá aberta durante toda a xornada.

Share.