Máis participación e uns resultados que non se axeitan exactamente ao balance xeral de Galicia

0

Pasado o día das eleccións toca facer balance dos resultados que nos deixou a xornada en San Sadurniño, que veñen marcados pola suba do PP, que gana un cento de votos con respecto a hai catro anos, pola leve baixada do BNG -que queda practicamente igual que en 2020- e polo descenso algo máis evidente do PSOE que, porén, só perde 13 sufraxios. Todo nun contexto en que se incrementou a participación en case cinco puntos porcentuais. Unha mobilización maior do electorado local que, mirando os resultados, beneficiou principalmente ao Partido Popular, mentres que o crecemento nacionalista rexistrado a nivel autonómico non tivo a equivalencia que cabería agardar nas urnas de San Sadurniño.

En termos xerais San Sadurniño comportouse case igual, se falamos de porcentaxes, que o resto de Galicia. E é que son precisamente as porcentaxes acadadas por cada partido as que nos ofrecen un mellor baremo dos resultados finais, posto que os votos deben relacionarse sempre co censo de partida -que descende no noso caso de ano en ano- e coa participación total.

Así, se en Galicia votou o 67% das persoas chamadas ás urnas, no noso concello foron o 66,74% dun censo de 2.406 persoas, 54 menos que hai catro anos. A partir destes datos podemos empezar a debullar resultados. O primeiro destacable é que, malia ter menor censo, votou máis xente. Exactamente 91 persoas máis. Un número que case coincide co incremento de sufraxios do Partido Popular: 104 votos máis e case catro puntos porcentuais de subida, xa que pasou dun 44,16% en 2020 ao 48,11% colleitado onte.

En segundo lugar do cómputo total atopamos ao BNG, con seis votos menos que hai catro anos (601 por 607) e un descenso de 2,74 puntos porcentuais. Neste sentido, o Bloque non seguiu aquí a tendencia alcista rexistrada polo partido no contexto galego, onde ganou oito puntos que lle valeron para pasar de 19 a 24 representantes no hemiciclo do Hórreo.

Pola súa banda, o PSdeG-PSOE -o partido que máis baixou en Galicia- pode dicirse que en San Sadurniño aguantou o tipo en termos absolutos. Só perdeu 13 votos e 1,5 puntos porcentuais, mentres que no total do país baixou un cinco por cento.

Feito o repaso xeral, cómpre ver de onde saen os resultados analizando o que pasou en cada mesa. O PP ganou en catro das mesas, concretamente en San Sadurniño, Lamas, Santa Mariña e Bardaos. O BNG fíxoo en Naraío -aínda que con menos distancia sobre o PP que hai catro anos- e tamén na nova mesa agrupada de Ferreira e Igrexafeita, onde tamén ganou en 2020 cando ambas parroquias votaban por separado. O PSOE non logrou impoñerse en ningunha, pero practicamente mantén resultados en todas elas, agás en Naraío, onde subiu tres sufraxios, e na da Leiriña -Ferreira e Igrexafeita- onde baixou nove.

As demais opcións políticas da banda ideolóxica da esquerda e das dereitas repártense entre elas medio cento de votos:  Sumar Galicia 31 (o 1,94%) e  VOX 23 sufraxios (o 1,44%). PACMA e Podemos obtiveron un apoio residual en San Sadurniño, 6 e 2 votos respectivamente.

 

PP

BNG

PSOE

MESAS

2024

2020

2024

2020

2024

2020

S. Sadurniño

221↑

203

186↑

178

44↓

47

Naraío

115↑

76

138↑

137

20↑

17

Lamas

129↑

92

71↓

85

27=

27

Sta. Mariña

125↑

114

32↓

35

17↓

22

Ferreira

Igrexafeita

81↑

48

131↑

51

24↓

20

35

74

13

Bardaos

95↑

94

43↓

47

5↓

6

Totais:

766

(48,11%)

662

(44,16%)

601

(37,75%)

607

(40,49%)

137↓

(8,6%)

150

(10,1%)

2024

2020

Censo

2.406

2.460

Votos totais

1.606

1.515

Participación

66,74%

61,59%

Share.