Cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4; tanto cursos presenciais como cursos en liña.
Persoas beneficiarias: maiores de dezaseis anos, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
Solicitudes, proba previa de nivel
-
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-
Ao seleccionar a persoa interesada aquel no que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.
Prazo de solicitude: ata o 08/03/2024.
Duración: 70 horas lectivas por curso.
Programación de cursos Celga presenciais
Localidade |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Ferrol |
Non |
Non |
Lugar: IES Concepción Arenal Rúa Cuntis, s/n Datas: do 1.4.2024 ao 16.5.2024 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 30 |
Programación de cursos Celga en liña
Curso |
Número de prazas |
Datas |
Celga 2: 7 edicións |
210 |
Do 1.4.2024 ao 16.5.2024 |
Celga 3: 7 edicións |
210 |
Do 1.4.2024 ao 16.5.2024 |
Celga 4: 17 edicións |
510 |
Do 1.4.2024 ao 16.5.2024 |