Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma para o ano 2024 (TR341R)

0

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten unha persoa traballadora, ben sexa para apoio no negocio durante o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento
ou a transformen en indefinida posteriormente, ben sexa para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; así mesmo, poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título
individual.

Condicionantes: Os tres tipos de axudas reguladas nesta orde, bono autónomo Concilia I, Concilia II e Concilia III serán compatibles entre si.

Actuacións subvencionables e contías de axuda:

BONO AUTÓNOMO CONCILIA I.
a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración desta.

Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia, e pola duración da dita baixa, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

b) Serán subvencionables as contratacións que se inicien entre o 30/09/2023 ata o 29/09/2024.
c) O importe será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade.

Nos supostos de risco durante o embarazo o período máximo será de oito meses de contratación. O importe máximo que se pode percibir é de 8.800 €.

No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, NON acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración no momento do contrato de
substitución.
c) Maiores de 52.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
d) As contías previstas no punto anterior reduciranse proporcionalmente nos casos en
que a xornada sexa a tempo parcial, de, polo menos, o 50 %, ou nos períodos en que a substitución sexa inferior a un mes.

BONO AUTÓNOMO CONCILIA II.
a) Será subvencionable a contratación indefinida realizada por unha persoa traballadora autónoma, para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
b) Serán subvencionables as contratacións que se inicien entre o 30/09/2023 ata o 29/09/2024.
c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, NON acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Maiores de 52.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
d) As contías previstas no punto anterior reduciranse proporcionalmente nos casos en que a xornada sexa a tempo parcial de, polo menos, o 50 %.

BONO AUTÓNOMO CONCILIA III.
a) Será subvencionable o 75 % dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €.

Os custos deberán ser corresponder a gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 30/09/2023 ata o 29/09/2024, e os centros e servizos estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de menores serán subvencionables os servizos de coidado que
xurdan en períodos de vacacións escolares, cando os centros educativos están pechados polas ditas vacacións, segundo o calendario escolar oficial.

Tamén serán subvencionables os mesmos servizos de coidado de menores que xurdan fóra do horario escolar durante o período lectivo do centro onde está escolarizado o/a menor, que deberá acreditar mediante a presentación do horario oficial do colexio.

b) NON se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso de IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de solicitude: ata o 30/09/2024.

Tipoloxía: axudas a fondo perdido e sen concorrencia competitiva

Enlace á normativa

Share.