Axudas económicas destinadas á mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares para o ano 2024 (PR853B)

0

Subvencións destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación do sinal de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares non suxeitas ao réxime de propiedade horizontal. As axudas non son para a merca de sintonizadores de TDT, senón para comprar receptores vía satélite onde esta sexa a única maneira de recibir as canles de televisión dixital terrestre.

Persoas beneficiarias

  • As persoas físicas que residan nun T-fogar (vivenda unifamiliar non suxeita ao réxime de propiedade horizontal na que o cidadán ten fixada a súa residencia habitual ou a súa segunda residencia) en zonas en risco de exclusión dixital con anterioridade á data de presentación da solicitude.

  • Unicamente poderá solicitarse unha subvención por cada T-fogar.

Actuacións subvencionables

  • Investimentos para o receptor Sat-TDT que se realicen en T-fogares situados en zonas en risco de exclusión dixital, para asegurar a correcta recepción e decodificación, polo menos, dos sinais de Televisión dixital dos servizos radiodifundidos en alta definición HD.

  • Os investimentos sexan subvencionables deberán ser adquiridos a través dunha empresa instaladora de telecomunicacións T-instalador (instalador ou empresa instaladora de telecomunicacións dada de alta na epígrafe A do Rexistro de Instaladores de Telecomunicación do Ministerio de Transformación Dixital, e distribuidor autorizado do servizo Sat-TDT).

  • Considéranse gastos subvencionables os que estean efectivamente pagados entre o 01/01/2024 e o último día do prazo de xustificación (30/11/2024). Os impostos indirectos que non sexan susceptibles de recuperación ou compensación polo beneficiario considéranse así mesmo gastos subvencionables.

Prazo de solicitude: ata o 31/05/2024.

Tipoloxía: axudas sen concorrencia competitiva a fondo perdido.

Cantidade: O importe máximo da axuda para adquirir o receptor Sat-TDT para T-fogares de vivenda habitual será de 400,00 euros; por cada T-fogar de segunda residencia o importe máximo será de 200,00 euros.

Enlace á normativa

Share.