
Vista posterior da Casa do Concello
O Concello de San Sadurniño ten a súa sede no antigo pazo do Ducado da Conquista -tamén coñecido como Pazo da Marquesa-, cedido ao consistorio en 2008 e rehabilitado posteriormente como sede municipal. No apartado de Patrimonio tes unha descrición máis detallada sobre este inmoble que sufriu dúas grandes modificacións: unha no século XIX e a máis recente con motivo do seu acondicionamento como Casa do Concello. Alí concéntranse a maior parte dos servizos que se lle prestan á cidadanía e o edificio está aberto de luns a venres polas mañás en horario de 8.30 a 14.30h.
Iso si, cómpre ter en conta os festivos. Para este ano 2022 quedaron declarados como tales e, polo tanto, días non hábiles:
- Xoves 6 de xaneiro, día de Reis
- Venres 7 de xaneiro, San Xiao, festivo local
- Martes 1 de marzo, Martes de Entroido, festivo local
- Xoves 14 e venres 15 de abril, Semana Santa
- Martes 17 de maio, Día das Letras Galegas
- Venres 24 de xuño, San Xoán
- Luns 25 de xullo, Día Nacional de Galicia
- Luns 15 de agosto, Día da Asunción
- Mércores 12 de outubro, Día Nacional de España
- Martes 1 de novembro, Santos
- Martes 6 de decembro, Día da Constitución
- Xoves 8 de decembro, Día da Inmaculada
Servizos: Alcaldía e concellarías, Galería de exposicións, Rexistro municipal e Portelo único, Tesouraría, Secretaría, Arquitecta municipal, Servizos Sociais, Axente de Igualdade, Educadora familiar, Oficina de orientación laboral, Oficina de desenvolvemento local.
Horario de atención: de 8.30 a 14.30 h. de luns a venres. Necesidade de cita previa para Servizos Sociais.
Teléfono: 981 490 027 (centraliña e cita previa para Servizos Sociais)
Fax: 981 490 474
Enderezo: Lugar do Casal nº 16, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)
Correo-e: correo@sansadurnino.gal

Biblioteca municipal
Casa da Cultura e edificio da Casa da Xuventude
Servizos: Auditorio, Sala de exposicións, Técnico de Cultura, Biblioteca municipal, Aula de informática e Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), sala de xuntanzas e formación, salas de ensaio.
Horario de apertura da Casa da Cultura: 9 a 14.30 h. e de 15.30 a 20.30h., de luns a venres.
Horarios de atención Cultura: de 8.30 a 11 h. os luns e venres. Os mércores de 8.30 a 11 e de 12 a 15 h.
Horario de atención Rede CeMIT: de 16 a 20 h. de luns a xoves e de 10 a 14 h. os venres. (os horarios varían dependendo das actividades fóra da aula)
Horario de atención Biblioteca: de 15 a 20 h. de luns a venres
Teléfono: 981 490 027 (ext. 3)
Fax: 981 490 474
Enderezo: Avenida Marqués de Figueroa nº 13, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)
Correos-e: correo@sansadurnino.gal (Cultura e Deportes), cemit@sansadurnino.gal (Aula da Rede CeMIT)

Escola Infantil Municipal
Escola Infantil Municipal
Servizos: Atención á infancia en tres unidades de 0-1 ano, 1-2 anos e 2-3 anos.
Horario: de 8 a 20h. de luns a venres de setembro a xullo, ambos meses incluídos.
Enderezo: Lugar do Casal nº 16A, C.P. 15560 – San Sadurniño (A Coruña)
Teléfono: 981 490 369
Correo-e: eim.sansadurnino@gmail.com

Pavillón Municipal
Pavillón e Ximnasio Municipal
Servizos: Pavillón polideportivo e ximnasio
Horarios de apertura: o pavillón está aberto todos os días da semana, mentres que o ximnasio municipal ten os seguintes horarios dependendo da época do ano: do 1 de outubro ao 30 de xuño abre de luns a venres entre as 19 e as 23 h. e os mércores desde as 18.00h. No mes de xullo está aberto de luns a venres entre as 10 e as 14.00h. e os luns, martes e xoves desde as 19.30 ata as 23.00h. En agosto pecha e volve reabrir en setembro con horarios específicos: os luns, mércores e venres de 10 a 13.30h. e de luns a venres de 19.00h. a 23.00h. agás os mércores, en que o horario de tarde arranca ás 18.00h.
Teléfono: 647 491 371
Enderezo: Avenida do Marqués de Figueroa nº 19, C.P. 15560 – San Sadurniño (parte traseira do Colexio Público).
Outros servizos e enderezos de interese: