Aberto o prazo de solicitude da “Aldea de Verán”

0

“Aldea de verán 2016” é un recurso cofinanciado pola Deputación da Coruña que pretende ofrecerlle ás familias un servizo que lles permita conciliar a vida persoal e laboral durante as vacacións do verán. Ademais, este programa tamén ten como obxectivo contribuír á formación socioeducativa dos nenos e nenas participantes por medio do xogo e o lecer activo.

O programa está dirixido a nenas e nenos cunha idade comprendida entre 3 e 12 anos.Para outorgar as prazas terase en conta a data de rexistro das solicitudes no Concello xunto coas seguintes preferencias:

  • Familias empadroadas no Concello de San Sadurniño.
  • Familias con algún dos membros con algunha vinculación laboral co municipio.
  • Familias empadroadas noutros Concellos, tendo preferencia aquelas con fillos e/ou fillas matriculadas no CPI de San Sadurniño.

En cada un dos casos anteriores sempre terán preferencia as solicitudes que demanden horario dende as 8.00 horas. Existirán 3 prazas reservadas para derivacións dos servizos sociais ou casos de urxencia por motivos sociofamiliares ou económicos.

Nº de prazas dispoñibles: Un total de 40-45 participantes, en función das idades e características dos menores. Infórmase que na franxa horaria de 8.00 a 10.00 horas só contaremos con 10 prazas dispoñibles.

Duración do programa: O horario global da programa estará comprendido entre as 8:00 e as 14:00 horas de luns a venres durante os meses de xullo e agosto con dúas quendas:
– De 8:00 a 14:00 horas.
– De 10:00 a 14:00 horas.

En función do horario de entrada, as cotas mensuais serán as seguintes:

Horario de 8.00 a 14.00h Horario de 10.00 a 14.00h.
1º Membro da unidade familiar 90€ 60€
2º Membro da unidade familiar 60€ 40€
3º Membro da unidade familiar 30€ 20€

 

Matrícula para o mes de xullo: do 1 ao 17 de xuño.Neste mesmo período, tamén se poderá facer a reserva para o mes de agosto procedendo ao pago dos dous meses. Só poderán proceder ao pago para a reserva da praza as familias que figuren empadroadas no Concello, dado que son as que teñen preferencia.
Matrícula para o mes de agosto: do 1 ao 15 de xullo. Ao igual que no mes anterior só procederán ao pago da cota as familias que figuren empadroadas no Concello.

Finalizados os prazos de matrícula, o resto das familias solicitantes que non estean empadroadas no Concello de San Sadurniño deberán facer o pago unha vez que os servizos técnicos municipais lles confirmen a praza.

Máis información: Nas oficinas de servizos sociais e igualdade do Concello, no teléfono 981490027 (ext. 1)

Documentos descargables:
Ficha de inscrición
Cuestionario Médico
Autorización

Share.