San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. Na carpa principal poderán atoparse alimentos de calidade e tamén a froita que se presente ao concurso organizado polo Concello e a AGFA do Eume.

O programa de actividades paralelas inclúe a tradicional copa de agility canino, a segunda edición do concurso monográfico da raza Can de Palleiro, iniciación á hípica, paseos en canoa, obradoiros para os nenos e nenas, xogos… Ademais tamén se prevén visitas guiadas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos -situada ao pé da feira- e ao colmear didáctico xestionado pola Casa do Mel de Goente.

Onde xantar
A feira disporá cun posto de churrasco e polbo, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, O Muíño do Pepe, Mesón O Ferrador, Parrillada Riboira (en Lamas), Os Cazadores (Santa Mariña do Monte)- e Casa Casal (Igrexafeita), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA COMPLETO

10.00h. Apertura da feira e expositores: Agroalimentación, Artesanía, Viveiros e 2ª man. Consulta aquí o listado de postos inscritos

10.30h. a 11.00h. Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso. De 10.30 a 11.00 h
– Fallo do concurso da Froita. 13.30 h
– Entrega de Premios. 14.00 h (Agasallo dunha froiteira autóctona só por participar)
1º premio: Cesto de produtos valorado en 100 euros
2º premio: Cesto de produtos valorado en 75 euros
3º premio: Cesto de produtos valorado en 50 euros

Bases do concurso

11.00h. a 13.30h  VII Copa Agility Concello de San Sadurniño
11.30h. Primeira visita guiada á horta de froiteiras autóctonas con obradoiro de enxertado (inscrición no posto do Concello)
12.00 a 14.00h. Degustación de froita autóctona
12.15h. Obradoiro infantil de construción de caixas niño para paxaros (10 prazas)
12.30h. Primeira visita guiada ao Colmear didáctico. (Inscrición no posto do Concello)
14.15h. Sorteo de cestos con produtos do país (carpa principal)
16.45 a 18.45h.  Obradoiro infantil de elaboración de queixo (30 prazas)
17.00h. Visita guiada á Horta de Froiteiras Autóctonas con obradoiro de poda de verán
17.00 a 19.00h. Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro, con premios para os mellores exemplares nas categorías de cachorros, xuvenís e adultos.
18.00h.  Visita ao apiario didáctico
18.00h. a 18.30h. Exhibición hípica de saltos
18.30h. a 19.00h. Paseos a cabalo para persoas adultas
19.00h. a 19.30h. Xincana a cabalo
19.15h. Segundo sorteo de produtos e lotes de froita autóctona
19.30h. a 20.00h. Paseos a cabalo para a rapazada
20.15h. Clausura da X Feira Rural

Exposicións permanentes 10.30 a 19.30h.:
– Froita Autóctona da Asociación A.G.F.A. do Eume
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente
– Cociñas e trebellos solares da Asociación Os Picos do Sol.
– Club de raza Can de Palleiro.
– Campaña “Separar con xeito, para reciclar a feito”

Iniciativas de recuperación e activación do rural
Asociación El Prao de Luyas (Castela León)
La huerta del lugar (Aragón)
Asociación Máisdetres (A Barbanza, Sar e A Maía)
Club Sierense de amigos de la manzana de Asturias

Actividades paralelas:
– Baixadas en canoa polo Río Xubia. 11.00h. a 14.30h. e de 15.30 a 19.00h.
– Grupo de pandereteiras “Lina e Lola” e Cuarteto tradicional “Xente Nova”, animación musical durante a xornada

Expositor do Concello:
– Inscricións para visitas guiadas ó Apiario e/ou á Horta de Froiteiras, así como para as baixadas en canoa, os  obradoiros infantís e os paseos a cabalo
– Información turística e exposición de minerais e paneis informativos sobre o Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.

 

<<< volver á portada

Share.